Opinión

Bocaccio na Mariña

Se Giovanni Bocaccio fose da Mariña, comarca que experimentou a corentena máis curta da historia mundial, o grupo de mozas e mozos que intercambiaban contos nunha casa rural para fuxir da peste só terían tempo para enviarse algún que outro TikTok.

Dixo Feixoo, sen dúbida a causa do estupor mostrado polos alcaldes mariñaos ante a inacción do presidente en funcións, que "algúns non están por salvar vidas". Unha acusación moi grave, sobre todo cando a fai o responsable dos contaxios que se poidan producir o domingo por non deter as votacións.Hoxe non se volvería escribir un Decamerón. Os mozos e mozas do século XXI están xa algo fartos de que lles conten contos. Demasiada precariedade. Porén, o próximo domingo si está na man das xeracións máis novas escribir unha páxina da historia política galega.

Se acuden a votar (sempre con máscara) botámolos

Comentarios