domingo 28/02/21

Virxinia Pereira

Na colección “A memoria das mulleres”, o Concello de Pontevedra acaba de publicar A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, da autoría de Monse Fajardo. Dicir que Virxinia foi a dona de Daniel Castelao, e que entre outras motivacións se realiza esta publicación por se cumpriren cincuenta anos (en 2019) da súa morte. Sentímonos contentos desta obra. Danos luz e información, desde o tratamento rigoroso da súa autora, de como en realidade foi Virxinia. Faino na tarefa de axudar a poñer un algo máis ao día a nosa memoria colectiva. Faino nos desexos de verdade, xustiza e reparación, xa que hai feridas que non se esquecen, nin mesmo se perdoan, xa que doen moito. Con esta biografía, nas nosas conciencias, as enerxías son de contaxio para recuperar e restaurar a vida (total) de Virxinia Pereiras, pois quen falan de calar, esquecer e prudencia están manifestando complicidades cos impunes, e xa que logo facerlles nós o xogo sería un servizo de nós, a virtude, a eles, o vicio.

Neste libro dáse visibilidade a Virxinia Pereira. Reivindícase o seu papel activo e responsábel, tanto en vida de Daniel, como logo da súa morte. Ela non foi vítima do silencio. Tampouco da hipócrita consideración de moitas e moitos que a volven caridade. Ela emporiso tamén tivo a fidelidade de moitas e moitos galeguistas que tanto a axudaron. Desde o seu ideal, fiel a Daniel, a que nomearon “primeira dama de Galiza”, loitou polo seu espazo e asemade fíxoo nas responsabilidades de compañeira. Mesmo sobrevivindo, pelexou por vivir. Traballou desde a resistencia. Virxinia foi  resistencia. 

comentarios