Opinión

E veña a marear... (e dalle)

E por favor…deixen de pensar ( e facer) como a de expertos infalibles e comecen a exercer como expertos negociadores ( velaí o camiño que leva a novas actitudes e aprendizaxes, realizacións e saberes).E para estes  problemas, tomen nota quen lles corresponda, para estas situacións e momentos, son necesarios aportes reflexivos de medios, contextos e condicións apropiadas ( non o midan en custes simplemente). Por iso a elaboración interdisciplinar de  métodos propios e axustados na maior medida á dificultade, situación,que se presenta. Métodos interprofesores/as, país e nais, de comunidade, que non disgreguen e si que integren, pois convén repetilo que un centro educativo é autónomo concretado nunha Comunidade e así hai que funcionar xa que  o noso en especial vai ( cos aportes de todas e todos) en axudar a incorporar, pola educación, ao alumnado, persoas, ao mundo da nosa cultura, valores e cidadanía, sen por iso dicir non a calquera e si afirmarnos no respecto pleno desde a igualdade, tendo consciencia de que isto, neste caso, realízase en Galicia e iso conleva realidades e feitos diferentes.

Andamos na soleira do novo curso e así xa que logo nos preparatorios, como quecendo, e xa tardaba en chegar unha de coma sempre por estas para poñer lío e cortar leite. Falo do señor pai que deixou un traballo en Vigo por mor de que o seu fillo tería que aprendEr, estudar, ( vivir?) galego. E claro as cornetas desa organización chamada Galicia Bilingüe, van e a todo bufo póñense a botar gasolina no lume. Xa o dicíamos nós, xa ben que avisamos de que tanto galego… ( velaí máis ou menos o que andan e veñen dicir): E collemos e nós e cabreámonos ( e non sen causa) pois somos ensinantes, mestras e mestres. Facémolo no principio de que a/o profesora é o referente central de todos os procesos educativos. E falo así de nós ( e atendan ben as e os controladores absurdos e patéticos a maior parte direi de Galicia Bilingüe e con eles o “ celoso “ entramado votante e “ enrrollado”da Consellería de Educación), porque para nós e non poucos, educadoras e educadores, mestras e mestres, educar é moito máis que instruír e polo mesmo incidimos de xeito de moita atención  ( orientamos) cara á persoa do alumno/a e así reflexionamos nas dimensións sicológicas, socias e morais do mesmo, claro, da personalidade deste/a. Por isocomo ensinantes galegos cabreámonos. Pois o feito preocúpanos e en especial referido ao ámbito, espazo e tempo, do ensino galego, público,gratuito e de cualidade. Por aí vai a nosa ética. 

"As cornetas desa organización chamada Galicia Bilingüe, van e a todo bufo póñense a botar gasolina no lume".

A/O mestra/e, que se saiba e non se silencie, non é un puro transmisor de coñecementos, non meus señores e miñas señoras, non…é moito máis que iso ( e por iso somos felices de nos dicir mestres e mestras). Ocupámonos das funcións educativas como modelos de profesores/as que levan niso implícito o contido e concepto de  educación ( e fariámolo máis se de verdade os nosos dirixentes cresen en nós, motores das aulas, e nos escoitasen na escola que nós defendemos). E aí están os colectivos, asociacións, MRP e as redes  interdisciplinares de encontros e debates, de elaboración de propostas e intencións. Non somos unha caste, nin un  couto mal definido por iletrados e malintencionados. Estamos xa algo fartos de xuizos de expertos falabaratos do común e das cátedras, dos púlpitos e demáis, moitos deles uns escapistas do xiz e da aula, do ensino verdadeiro, críticos de malas ideas,  subxeitivistas egoistas e  con cargos que os realizan na mesa dos papeis e pola contra non funcionan responsablemente , nin se preocupan moito, polos papeis da mesa.

Venlles todo isto ao falar porque no caso deste señor, do seu fillo, así coma outros, os menos. Saberán estes que os/as educadores/as, que sustentan a súa acción educadora nas actitudes e saberes, han plantexarse as actitudes que tomar diante deste problema: un neno ou mozo, non galego, que debe integrarse nunha aula e grupo en Galicia.Velaí pois e de primeiras para el , para o neno, unha oportunidade de arriquecemento ( nunca un problema irresoluble). E ben sabemos que a nosa proposta de acción, reflexiva e chea de afecto educativo, ha ser partir del, do neno e do grupo,  para non quedarse nel e pola contra así realizar accións gratificadoras para a intención de integralo desde quen é na aula. 

"Escoiten aos ensinantes, pregúntenlle, pois as leis e os decretos hai que accionalos e interpretalos da maneira máis educativamente integradora"

E por favor…deixen de pensar ( e facer) como a de expertos infalibles e comecen a exercer como expertos negociadores ( velaí o camiño que leva a novas actitudes e aprendizaxes, realizacións e saberes).E para estes  problemas, tomen nota quen lles corresponda, para estas situacións e momentos, son necesarios aportes reflexivos de medios, contextos e condicións apropiadas ( non o midan en custes simplemente). Por iso a elaboración interdisciplinar de  métodos propios e axustados na maior medida á dificultade, situación,que se presenta. Métodos interprofesores/as, país e nais, de comunidade, que non disgreguen e si que integren, pois convén repetilo que un centro educativo é autónomo concretado nunha Comunidade e así hai que funcionar xa que  o noso en especial vai ( cos aportes de todas e todos) en axudar a incorporar, pola educación, ao alumnado, persoas, ao mundo da nosa cultura, valores e cidadanía, sen por iso dicir non a calquera e si afirmarnos no respecto pleno desde a igualdade, tendo consciencia de que isto, neste caso, realízase en Galicia e iso conleva realidades e feitos diferentes.

En todas estas andrómenas, dificultades si son, hai que saber primeiro as cousas, collelas dun e non facer valer ideas raras e preconcebidas de non se sabe onde ( ou si). Saiban da práctica docente ao caso e no caso, da intervención didáctica, da adaptación necesaria, do contexto da aula e da afectividade , solidariedade, comprensiva do profesorado para co que ten o problema derivado da situación familiar.

As profesoras e os profesores, mestras e mestres, desde as súas capacidades e saberes, amigas e amigos…sonlle felices de saborexar de xeito compartido a eficacia docente.Elas e eles, aínda que algún non o crean, no seu facer avalían o seu traballo de facer traxecto para acadar as intencións. Traballo que vai na investigación, reflexión e na acción educativa.Van máis aló do espazo da aula, pois sabemos que a cousa na Comunidade Educativa é complexa. Merece a pena pois dá satisfaccións e non poucas. ( votos non sei). Escoiten aos ensinantes, pregúntenlle, pois as leis e os decretos hai que accionalos e interpretalos da maneira máis educativamente integradora. Galicia é o pobo ( do galego) e as/os mestras/es galegas/os existen.Latexan e conviven.

Comentarios