Opinión

Polo creativo e crítico

S on tempos de preocupación polas vivencias que nos envolven desde as condutas irresponsables diante da transmisión desbocada da covid, as esmorgas e botellóns, festas e noites, as viaxes consentidas da mocidade, ata as pintadas homófobas e a morte (asasinato) de Samuel. Non bastan as frases bonitas, as descricións dos feitos, nin mirar para outro lado como agardando que as cousas se compoñan de por si.

Por iso, unha pregunta é a de por onde vai a educación. Que, como e para que, se educa. Que cidadanía se promove. A que imaxe e semellanza. A que intereses e modelos estandarizados, pois co do "vive como poidas e deixa vivir", sen equidade, mal nos vai. Non esquezamos quen somos. Que non nos cegue a chamada educación "bancaria", a que nos ve como pasivos ignorantes que aprenderán como se lles indique. A que prefire o "si, como diga" ("que será o mellor para o teu (noso) éxito"). Polo que sufrimos, pensemos seriamente a educación. Hai nela propostas que desenvolvan capacidades creativas? Axuda e motiva coñecer criticamente a realidade para participar da súa transformación?

Son horas de botar contas. E en especial debe facelo este Goberno en Galicia (x3) que non defende o ensino público. Non basta con meter contidos na mente do alumnado, pois este non é un suxeito pasivo que aprenda memorizando contidos. Diante de tantas condutas preocupantes hai que valorar a eficacia das accións educativas e ver que achega a educación en Galicia aos tempos do século XXI. Hai tanto que cuestionar e así realizar moitos análises concretos en situacións concretas.Velaí

Comentarios