sábado 31/10/20

Medallas

Xa estamos case no mes patrio. A xuño xa lle imos poñendo porta. No medio destas en clave de futuro queremos pararnos no pasado domingo 28. Foi día de moito celebrar, pois este pobo ten materia da que se construír. Por un lado na loita polos dereitos das persoas LGTBI. Polo outro, e a baseamento nacional, fixéronse 84 anos do plebiscito do Estatuto da Galiza. No seu primeiro artigo deixábase clariño que “Galiza é un Estado libre dentro da República Federal Española”. No ano 1984 chegaron á Galiza os restos de Castelao (un dos principais símbolos do nacionalismo galego) e recibe a primeira medalla de ouro da Galiza. Non toca hoxe falarmos de como foron as formas de traelo. Nesa data entregáronse as primeiras medallas Castelao. Destacamos entre os nove galardoados a don Ricardo Carvalho Calero. Tamén a 28 de decembro, entre outra xente e promovida por don Ramón Martínez López, Tereixa Castelao, Daría González, Avelino Pousa Antelo, Fernando Quintela, don Manuel Beiras e Amancio Liñares, creouse a Fundación Castelao. Isto dito e máis que hai, son elementos fundamentais para recoñecer e respectar os e as nosas na dignidade do que somos e polo mesmo dicirlle a este Goberno e ao que veña que asuman responsabilidades á hora da concesión das medallas Castelao, pois el , vindo do seu tempo, está en presente e futuro. Non hai tempo que lle pase. Se non se obra con responsabilidade, xa poden vir botarnos por onde queiran as ofensas que lles pete, pois saben da pouca valentía gobernamental. Os de Galicia, Galicia, Galicia calan (outorgan?).

comentarios