Opinión

Marzo

Todo o ano forma contido de muller traballadora e todos os anos levan consigo para que por cada marzo se signifique como mes feminino. Desta maneira a esperanza concrétase no comunal e brillará nos lugares máis escuros. A condición de mulleres traballadoras irá no colectivo. Por iso as mulleres, para que o Pobo e os gobernos se sintan aludidos e non poidan canear as súas responsabilidades, dotando de sentido as súas existencias, collen os seus espazos e a palabra para que, no respecto, se lles escoite e (re)pense, para superar as inercias das que arestora non sae ben paradas. E xorde a raiba que fai loita. Loita que será ferramenta de emancipación. Pois así haberá comunidade. Por iso en palabras de Silvia Federico e desde a liberdade, as mulleres preséntanse como “as netas de todas as bruxas que nunca puideron queimar”. Velaí a ilusión para o empoderamento das mulleres. Loitando xuntas en prol da reconstrución social, pois han esfarelar a realidade. Elas na súa dignidade son o sostén do mundo e poden transformalo con moita honestidade, xa que polas súas voces debesen falar pobos enteiros. Na Galiza constituirán unha verdadeira “casa da forza”.

Todas e todos debemos (re)educar a maneira de nos ver para atopármonos, marcando os tempos coas enerxías que nos dean as nosas vidas e os nosos desexos. Velaí o reto para acadar a consideración total de mulleres traballadoras en igualdade. Nesa conquista elas exercerán a súa soberanía. Iso implica forza e valentía. Sabemos dos e das que se acollen ás certezas do coñecido entre mansedumes, docilidades e servilismos. Non teñen razón.

Comentarios