Opinión

El que lles darán para o mal de pobos?

Xa falei diso pero polo visto hai que seguir na mesma.Chegan días de presenza notoria de nós nos sítios significativos de Galicia e veña, van e móntana.Falo dos xullos e agostos patrios. Falo de Alba de Gloria no Pico Sagro, da Soberanía nas Praterías, do día nacional de Galicia, de Moncho Reboiras, de Camilo Díaz Valiño, de Alexandre Bóveda ( Galiza Mártir), de Anxel Casal, de Avelino Pousa e de Moncho Valcarcel. Teñen que cortar o leite e canto máis mellor. Non lles cabe o pan no corpo. Próelles.

Xa falei diso pero polo visto hai que seguir na mesma.Chegan días de presenza notoria de nós nos sítios significativos de Galicia e veña, van e móntana.Falo dos xullos e agostos patrios. Falo de Alba de Gloria no Pico Sagro, da Soberanía nas Praterías, do día nacional de Galicia, de Moncho Reboiras, de Camilo Díaz Valiño, de Alexandre Bóveda ( Galiza Mártir), de Anxel Casal, de Avelino Pousa e de Moncho Valcarcel. Teñen que cortar o leite e canto máis mellor. Non lles cabe o pan no corpo.Próelles.

E daquela vai o delegado do goberno en Galicia no ABC e segue coa matrácola das ameazas e co asunto das ilegalizacións. Claramente é un transmisor ao pé da letra dos seus aos que lles rende delegación. Moi obediente si señor. Colle e por exemplo usa o dicir “ forceinos a…” como se así botase un presumir da súa valencia e asemade puxese os bois firmes e ao rego de quen mandan. Deber cumprido ( problema creado?).Ordean algo máis? Pois por el xa asinaría o poñer á marxe do andar democrático, sen a liberdade que se nos debe, a uns poucos partidos e organizacións cívicas populares que nada teñen que ver co seu  ordeamento ( e ollo que ao dicir seu digo o de quen el representa). Dame a impresión que de seguiren eles con estas lerias para realizalas plenamente acabarán por habilitar moitos espazos para silenciarnos, pois os que hai quédanse curtos e escasos. Para iso ha haber orzamento.E de sobra.Sen fallo, meu, sen fallo. Polo que se ve hai que estar ao compás das súas músicas e deixar que nos sequen as raíces. Semella que a igualdade e a liberdade non son máis que un invento de uso por momentos que nin se noten a poder ser.

"Falando de soberanía un pregúntase que mal hai ou debese haber en dicir e declarar que GpS está en promover, por vías democráticas, como eixe o diálogo, o debate, a axitación social e a mobilización" 

De todos os xeitos convén que se exerza un sentido de pensar e así clarificar as declaracións duns e doutros, destes pois, os que avisan de que quen se vaia da raia, fóra do coche e ilegais. E non señor, non poden facer o que lles pete así polas boas.Mesmo sabedores nós de que o falar non ten cancelas, mesmo así, quen use palabra ten que medirse un algo cando di certas cousas e poño por caso cando se refire a certos grupos ou fraccións dunha fronte sobradamente democrática como é o BNG ou como cando o presidente do goberno en Galicia se refire ao señor Beiras a respecto do xuizo ás mozas e aos mozos no cárcere ( din que por pertencer a grupos terroristas).Penso que a propia democracia leva implícita unha certa medida de uso da palabra ( xa non digamos dos feitos).Non poden estes señores crerse iluminados, listos, sen fallo. Está ben que falen acordes ao que pensan e ao que políticamente entenden e representan, vale, pero ollo con pasarse no que din, aínda que xa saibamos que por estes tempos hai que botar arrefrío ou axitación para que mingüen os espíritu nacionais galegos, o sabor de pobo, os propósitos de soberanía para Galicia.

E falando de soberanía un pregúntase que mal hai ou debese haber en dicir e declarar que GpS está en promover, por vías democráticas, como eixe o diálogo, o debate, a axitación social ( non é unha guerra a tiros) e a mobilización ( non é un retén de ataque armado) , a toma de conciencia do pobo galego no proceso de construcción nacional co obxectivo final de camiñar cara a unha situación de soberanía plena, fixada na consecución dun estado galego. Que pasa logo? E que a liberdade de construir e de facer dentro do respecto cívico e social vai por límites e acoutes?. Non temos dereito e deber de buscar o que entendemos por mellor para nós e para as nosas fillas e os nosos fillos? O noso mal e sufrir van, teñen que ir,  en proporción inversa do ben e alegría dos outros que non pensan coma nós.

"Nós non olvidamos as voces estremecedoras dos nosos e así reivindicamos soberanía para sermos nós máis nós."

A pesar de que as témporas son estas, as de todos os anos, as de meter cizaña e tratar de desnaturalizar as cousas da patria e da nación, a pesar diso, para falar hai que ter probas e avisar de medidas sen ter en conta a verdade, non é boa conselleira.A claridade vai coa luz e preguntamos quen a ten? Serán os que andan polas sombras…? Nós construímola día a día sen perder de vista, levando connosco, o ideal de soberanía. Deixen pois, os avisadores, de iren de peor a peor. Saian dela…por favor. Non forcen nada .Dialoguen e convivan. Élles moi bonito. 

Nós non olvidamos as voces estremecedoras dos nosos e así reivindicamos soberanía para sermos nós máis nós. 

Comentarios