Opinión

Foron tres (e máis)

F oron tres e máis asasinados do franquismo que sempre (re)aparece en calquera tempo e lugar. Non se lle pode dar volta ás páxinas da historia co aquel de que aquí non pasou nada. Hai que facer xustiza. Só así a nosa memoria colectiva terá o lugar de acougo. Niso estamos en obriga de limpa cidadanía.

Hoxe pararémonos nos tres que poñemos no título. A chamo irmandado son "os tres Manueles". Son Manuel Ponte, Manuel Pan e Manuel Rodríguez "O Asturiano". Os tres no alborexar do día de hoxe, vinte e un de abril de mil novecentos corenta e sete, no Fontao, foron asasinados e os seus corpos levados fóra do cemiterio da parroquia de Abella do concello de Frades. Arestora as súas cinzas están dentro e alí a cada ano presenciamos para dar testemuña de lealdade e aprendizaxe. Ben se lles poden aplicar os versos de O.Wilde: "Os gardas arrincáronlles as roupas e entregáronos ás moscas. Ríronse das súas gorxas inchadas e negrexidas".

Pasarán as lúas, pero as dores non se apagan. As feridas non pechan. A nosa memoria non o fará en falso. Non nos imos sentir, por moito que se pregoe, na vergoña das e dos vencidos. Non posibilitaremos o esquecemento no silencio. Moito menos consentir as risas, ou os comentarios cabróns, de quen nos queren facer calar con estúpidas argumentacións como "pechar o tema" ou "non remover cinzas, nin feridas". Apagar a historia non é posible. Sería traizón. Eles tres guerrilleiros e máis seguen vivos en cada cantar de primavera. En cada corazón que milite na xustiza, na paz e na liberdade. Así tamén o fixeron Mini e Mero cantando tantas verdades.

Comentarios