Opinión

E dálle

E dálle. Aí están. No PP saltaron como feras. Cando se anuncia unha medida (incompleta) correctora a prol das Linguas das Nacionalidades no ensino, inmediatamente o PP xunto doutros partidos da dereita e de voces (din) informativas de medios de comunicación da rolda, saen dar toque de atención ameazando ir aos tribunais, ou onde faga falla, para acoutar calquera paso adiante, ou respiro, onde se note que as nosas linguas son nosas. Todo para defender ao castelán (lingua respectable) e para que non se elimine (din). A esta tropa o que lles vale é o rebumbio, o vocerío de opinadores, para enlódalo todo. Tal proféticos gardíans apocalípticos montan a tangana chamando polas súas xentes (e de cerca) para pedir (eles!) liberdade fronte ás imposicións.

Tamén en Galiza pode verse ao PP, como quen goberna un anaco de España e non unha nacionalidade, despacharse perante dos feitos e poñer á vista as palabras imposición e conflicto. Velos aí, a galegas e galegos, inimigos da súa (nosa) lingua e meritándose gobernala ao seu gusto e ao dos outros coma eles. Así fronte nosa. Encántalles que a nosa lingua non sexa normal en Galiza e por iso “impoñen” o castelán en uso e primeiramente. Acenden outro “conflito”. O castelán a nós non nos fai mal ningún, ai, pero os homes e mulleres que nolo queren meter a “ cañón”, si. A actividade política do PP vai contra a normalización da nosa lingua. Encantaríalles vernos sen rumbo, pero o pobo do galego está aí e vive. Querer facelo invisible é unha traición.Nós desexamos vivir na nosa lingua e sernos máis Nós. Facelo non nos é doado.Todo se andará.

Comentarios