Opinión

Desexos

Cos nosos desexos ilusionados e expectantes de pobo do galego, sufrimos un sistema baseado no mercado no que pretenden colonizarnos a toda marcha ata no máis íntimo como as emocións e os propios desexos. Queren reducir os nosos corpos a simples continentes, pois os contidos han ser cousa deles. Son uns piratas (poucos que ninguén elixiu) que actúan de xeito preciso a través duns loros elixidos, si, na democracia dos catro minutos, o que leva meter o papel, e que dicindo representarnos, executan os intereses dos anteditos piratas promovendo que todas e todos consumamos o que o mercado xa se encarga de nos vender. Desde os seus modelos, tratando de depurar o que non contribúa ao andar do vendible, aconséllannos (impóñennos?) pensar positivamente (no seu?). Vidas baleiras dicimos nós) e tamén pouca resistencia. E por iso por boca dos nosos iguais poñen a expansión o de que é unha loucura (loita perdida) falar dunha patria, dunha lingua e dunha cultura, dun pobo, cando todo vai por se universalizar. Outros e outras, facéndose a de boa xente, no canto de impoñer as cousas a golpes, prefiren uns toquiños nas costas, asemade nos din que non é o momento de concretizar os nosos desexos. Pois vai ser que non lles imos facer caso, xa que nós queremos o alborexar doutra maneira de vivir, máis colectiva e menos individual, consumidora de afectos, igualitaria, solidaria entre persoas e pobos, libre, sen sermos cousas, nin mercadorías. Queremos falar por nós e termos o mando a distancia para podermos clicar o “stop”. Por iso hai que cambiar as cousas. Aí vai e flúe a liberdade.

Comentarios