xoves 23.01.2020

Daniel

Hoxe estamos a setenta anos da morte de Daniel de Rianxo, Castelao de Galiza, como así lle tiña a chamo o poeta nacional Manuel María. Morte, dicimos por data, pero vivo sempre por esencia na nosa memoria, pois nós non imos cada ano ao pé de Daniel por ver se está morto e si, pola contra, facémolo por falar e pensar con el na contemporaneidade e tratar así de completarnos a carácter nacional, coas súas ideas e pensamento, na dignísima identidade de galegas e de galegos e por iso Daniel vive sempre. Mesmo a día de hoxe, que se formará Goberno no Estado, neste noso xornal acae ben un encontro con Daniel e nel, na dignidade de quen somos, consideramos algúns dos seus pensamentos, comezando nunha referencia del mesmo, aquela que se pode ler: “Endexamáis demos azos ao pobo sen estarmos ateigados de esperanzas”. Esperanzas e desexos hoxe vivos de que a nosa Terra sexa nosa, como el deixou dito, e nada máis que nosa. De quen máis podía ser? Dos que a aldraxan? Dos que lle negan a fala e o pensamento? E que non nos veñan co aquel de terribles consecuencias por sermos nós, acoutando as nosas ilusións, si, os tremendistas de turno tan asustados pola perda do poder que lles vén e que se intúe co andar dos días. Galiza somos nós e así mal van coas comparanzas que fan de nós con outras nacións deste Estado. O falar non ten cancelas. Alá eles. Nós movémonos nas solucións. Que sigan no enchente negativo que lles fai perder os papeis. Nós, como Daniel, confiamos na soberanía natural de Galiza. E celebrámolo.

Daniel
comentarios