Opinión

Que ben me (nos) senta. Estou feliz.

Estou feliz duns tempos a esta parte. Moito.Do que pensei que estaba moi lonxe, agora non é tanto. Podédesme preguntar o motivo e direivos simplemente que a cousa é porque teño  pobo do galego. Compártoo e (con)vívoo. Que máis se pode pedir existencialmente. Pois facer en lugar concreto mismamente a tempos de tempos de tantos tempos é unha tarefa que me enche e que me coloca. Estou feliz. O meu pobo do galego é máis concreto, máis real, vivificante. Unha identidade sólida que compartir na comuñón de determinalo soberano.

Estou feliz duns tempos a esta parte. Moito.Do que pensei que estaba moi lonxe, agora non é tanto. Podédesme preguntar o motivo e direivos simplemente que a cousa é porque teño  pobo do galego. Compártoo e (con)vívoo. Que máis se pode pedir existencialmente. Pois facer en lugar concreto mismamente a tempos de tempos de tantos tempos é unha tarefa que me enche e que me coloca. Estou feliz. O meu pobo do galego é máis concreto, máis real, vivificante. Unha identidade sólida que compartir na comuñón de determinalo soberano. El tan capaz de decidir por el. Que marabilla. E empéñanse en dicirnos que iso non é posible e xa que logo fannos o que xa nin se sabe para non  deixar que así sexa.Pois estou contento porque si que ha ser.

"Por iso estou contento, direino de novo, pois intúo nunha parte e palpo na outra que no que motiva a miña alegría, a soberanía, xa vai tamén máis xente, galegas e galegos, para que o proceso sexa de pobo e participativo"

Desde uns tempos, como dixen, son bastantes as propostas organizadas que anuncian ( no sustento e na substancia de limpeza) que Galiza debe tomar as rendas da súa situación para ver de construír actuacións a ser de por si no dereito a decidir o seu futuro libremente e así construírse un algo máis, necesariamente, para facer definitivamente habitable a casa que non tivemos, como di Marica Campo e así cantan os da Quenlla, e a ela irmos todas e todos con todo o que temos para compartirmos máis. Velaí pois a nosa casa común. A de portas abertas para abrir ventás. A todos os aires circulantes plenamente determinados a respiros de liberdade e así tamén a toda sede… bebéndote Lingua nosa… ao pronunciarte sempre.

Por iso estou contento, direino de novo, pois intúo nunha parte e palpo na outra que no que motiva a miña alegría, a soberanía, xa vai tamén máis xente, galegas e galegos, para que o proceso sexa de pobo e participativo ( onde todas e todos estean convidadas e convidados). Tamén democrático. E así comprensivamente se vaian dando pasos que non nos fagan perder ningunhas das partes fundamentais.

Pasos na esperanza constructiva , a de cada momento, para que quen hoxe non comparta , poida, seguro, facelo mañá e así sentirnos na concreción da maioría que soñamos.Velaí a realización activa das propostas compartidas e tecidas polo fío resistente de quen somos para a obra consistente, proxectada e traballada, da nosa soberanía.Esa felicidade enorme pois para todas e todos na lexítima aspiración que suma e integra aos pobos soberanos libres ( de  persoas pois libres).

Desde as organizacións que propoñen soberanía e tratan de aportar contidos e formas para ila posuíndo, e asemade gozala, non podemos perder de vista o exercício humano da concienciación na obriga da exemplariedade. A fianza e a confianza.Aí ha ir o florecer do ando irmandado na liberdade. Nesa loita.

Nesa loita necesaria, pois ninguén dos que sabemos nos dará nada e nada sae de nada, que nos embocará aos nosos soños feitos deberes e dereitos. Ese camiño noso.Velaí a responsabilidade necesaria desde o primeiro momento. Pois das ideas poden saír moitas cousas.Moitas. E así debemos deixar que flúan para reflexionalas e poñelas en exercício de contrastalas , valoralas, para as accións que nos vaian dando logros de corpo no que nos propoñemos: sermos nós en exercício comunal de decididir.

"Soberanía  viva,activa,real, sentida e compartida.Esa comuñón popular tan obrigadamente comprensiva.E niso penso que necesitamos ir".

Pois temos capacidades e así temos que  exercelas para irmos ao futuro.Futuro que nos agarda por ser – e facelo- noso. E que non nos veñan con milongas interesadas ( que manipulacións son) para facernos crer que as nosas alternativas non son posibles.Dan paos ao aire.

Os derrotados doutrora, os nosos mártires e precursores, deben ter a nosa consideración absoluta ( non son entes desecados, volatilizados), nós mesmos podemos ser ( somos) derrotados, pero agora toca o absoluto acorde activado dos ilusionados. E sendo críticos co que temos, co que padecemos, debemos poñernos a ánimos do que queremos ter e vivir no futuro. A realidade é moi dura e se queremos soberanía temos que apostar constructivamente por ela…ou…? Un profesor dicía que as nosas preguntas han ir ao que a nosa cidadanía necesita escoitar ( non ao que quere escoitar).

Eu estou contento pois porque vexo e percibo claramente que nestes tempos un requisito básico para o meu pobo do galego é a soberanía. Soberanía  viva,activa,real, sentida e compartida.Esa comuñón popular tan obrigadamente comprensiva.E niso penso que necesitamos ir. Uns cantos vellos loitadores  dicían con moita claridade que: “ se non nos deixan soñar…nós non os deixaremos dormir”.Pois estou feliz.

Comentarios