Opinión

As bibliotecas

Odía 24 celebraremos o día das Bibliotecas. Un día cheo de todos os outros que así tamén debesen ser. Certamente unha data que festexar aínda que caia en día de gardar. Debesen abrir as bibliotecas, a portas abertas, convidando entrar. Todas e todos, dispostos, de boas caras, ilusionados polos chamos animosos dos e das bibliotecarias. E todas e todos , xa dentro das bibliotecas, ir á busca de marabillas azucradas (mesmo das que non o sexan, que as haberá, pero que así nos poñen nos criterios e gustos) e lendo nos enchan a fartar nos soportes que dispoñamos, que se non houber, debese habelos, si, variados, pois só libros, sendo importantes, non son os únicos.

Nas bibliotecas vivamos intensamente as atencións e os consellos, os intereses, as emocións, os silencios, con palabras altas e sonoras, limpas, nos descubrimentos e nas conquistas. Xa debemos desfrutar cos proxectos de lecturas. Logo nos activados actos intensos de ler. Poida que logo, coa lectura prezada tan satisfactoria, ata nos incomode devolver o libro (ou outro soporte) que tanto nos deu e nos permitiu. Quixésemos telo. Tamén pode que o que lemos nos gustaría telo nós escrito, pero lonxe de nos lamentar, podemos ler e escribir logo, así, ben amodiño, ben a velocidade de cruceiro, controlando, pero a poder ser relendo sempre o que se escriba. Convén saber moito das intimidades.

Volvamos sempre ás bibliotecas. Gocemos dos soportes para ler e para encher de bicos as lecturas que tanto nos puxeron nos exercicios dos pensamentos. Tamén así saber máis de nós para maior liberdade. Como di un avó: “ao ler, lémonos”. 

Comentarios