Opinión

A fermosa incursión

Ben sabemos que a literatura é materia para coller folgos. Tamén para desafogar. Nela, na Lingua, lendo, os exercícios do pensamento cotrren  a ritmos diferentes.Iso colócanos en actitudes e desexos e. tanto nos pon á calada como nos bota á conversa de un mesmo, ou á de moita xente, para buscar soportes para lecturas ( polo de agora principalmente libros) facendo que  nos sintamos ben controlando, amando, o verbo amar.Velaí nos libros cantos tempos de ilusións, onde non todo vai ser escapar, pois as soidades non sempre son dolor.Por que non disfrutar das vivencias lectoras, desexadas, sentíndonos como nun plató enorme de multiplicados decorados ( e fantasías)  nos que, lectoras(es), nos integramos comodamente entre tantos xogos e realizacións?.Unha lectura leva á outra.Canto abrazo e desabrazo.Cantas conquistas. Non son tantas absurdas.Cantas fantasías ( e poucas falsidades). Un libro leva a outro.Velaí como  amor nos aluma a fermosa incursión.

E así, como nun abordaxe de respectables piratas rebeldes, na sensibilidade de mercar para posuir, determínase outra fermosa incursión: a de ir de “pillada” ás librerías. Alí  os libreiros e as libreiras, grandes no ler, iso debesen ser, sementando e orientando, nos abrirán roteiros e posibilidades para lecturas. Todo circulando en confianza, mercando libros para ler e sentir o gusto de ver medrar a nosa biblioteca da casa ( tan necesaria).  Cantas grazas lle daremos aos nosos desexos. Feliz día doce das librarías, pois tres cousas ten unha vida, que nos dan ben alegrías. Os colos, as bibliotecas e tamén as librerías.A gustalas.

Comentarios