Opinión

Pin Álvarez

Estes días caía nas miñas mans un volume da mítica Enciclopedia Álvarez. Ollei no índice e non puiden máis que sentir arrepíos con aquel apartado de política para nenos e política para nenas. Sentín a necesidade de lerllo á nosa rapaza para que así entendera a diferenza entre adoutrinar e formar. Entre debater e repetir. Entre a liberdade e aquel chorro de tinta que animaba a colgarse dunha viga a todo aquel que vía o mundo de maneira diferente.

A xeración Álvarez vive hoxe entre nós. Disque foi o libro que formou uns 10 millóns de estudantes da época. Teñen máis de corenta e cinco anos e o seu concepto do mundo é máxico-relixioso, patriarcal e supremacista. Son seguramente os amigos do PIN parental e a ideoloxía de xénero ou moi probable os seus fillos e fillas, froito da censura pedagóxica da época.

“España nuestra Patria es todo unido: suelo, hombres, religión y misión por cumplir.”

Este libro sería hoxe o xoguete favorito de Abascal e compañía, as súas páxinas teñen máis de actualidade social que calquera outra publicación de psicoloxía ou autoaxuda moderna.

Veume unha pequena risiña interior ao imaxinar o Ortega Smith asistindo a un curso de Coach de Vida nunha Universidade privada desas que frecuentan as clases populares do seu partido. “¿Y si introduzco la ideología fascista como una pauta de vida para que las personas lleguen a la supremacía espiritual?”.

Muchísimos fueron los cristianos que en todas las regiones del imperio regaron con su sangre las arenas de los circos; […] pero los españoles, que ya habían dado en Sagunto y Numancia pruebas sublimes de su valor, resistieron también con heroísmo sin par el nuevo martirio […].
ENSEÑANZA MORAL.- No temáis a los que pueden matar vuestro cuerpo, pero no pueden matar vuestra alma”.

Non penso eu que esta ultra dereita –ultra individualista- vaia poñer en xogo seu corpo, nin a súa alma, nin nada de nada. A falta de colectividade está polo de pronto máis ausente nas ultras dereitas que na esquerda (que tamén).

Polo de pronto o seu electorado non se mobilizou na vida para nada. Igual comeza facelo agora, debemos estar pendentes das reaccións e do seu poder de convocatoria. Espectantes.

“A un panal de rica miel / dos mil moscas acudieron / que, por golosas, murieron / presas de patas en él. / Otra dentro de un pastel / enterró su golosina. / Así, si bien se examina, / los humanos corazones / perecen en las prisiones/ del vicio que los domina”.

Mentres todo isto sucede os que non medramos baixo a tutela do profesor Ávarez, temos o que merecemos. Non deberíamos de cuestionárnolo todo: Temos que reclamar os nosos dereitos, mais sen causar moito ruído. Temos que vivir a nosa sexualidade como queiramos, pero en privado. Temos que vivir nunha democracia sen referendos. Ausente de calquera consulta popular. Sen autodeterminación. Sen emprego. Sen Lingua.

Por ser parte tan obediente, el Señor le dijo un día:

“Te haré padre de un gran pueblo; tus descendientes serán tan numerosos como las estrellas del cielo y de uno de ellos nacerá el Mesías que os tengo prometido.”

Dios premió con largueza la obediencia de Abraham. Si somos obedientes, también nos premiará a nosotros.

Evitar que a nosa educación caia en mans da xeración Álvarez parece ser o primeiro paso dunha gran camiñada dos movementos antifascistas. Niso deberíamos estar todas e todos.

Propoño que a comunidade educativa se poña moi en serio a reeditar unha Enciclopedia Álvarez que amose todas as contradicións da educación destes neofranquistas.

Ábrese por tanto un prazo de reflexión colectiva ou como diría o noso libriño de referencia.

“Miércoles de ceniza.

En este día comienza la Cuaresma. El Sacerdote hace con ceniza una cruz sobre nuestra frente y pronuncia unas palabras que quieren decir: ‘Acuérdate, hombre, que polvo eres y en polvo te has de convertir’.

Meditamos durante los 40 días cuaresmales sobre esta gran verdad: hagamos penitencia y oración y preparémonos para ser mejores cada día, confesando y comulgando con fervor”.

Claro que precisamos acabar co adoctrinamento nas aulas.

Claro que precisamos dun PIN parental.

Urxe o PIN Álvarez.

Comentarios