Opinión

Benvida ao mundo, Minia

Os que non temos gran talento, temos a sorte de ter grandes amizades que nos dan folgos e alimentan a nosa mediocridade para que algún día cheguemos a xuntar letras ao xeito.

A min eses folgos e esas ganas locas de seguir escribindo transmítemo a miña amiga  “Iria Viva Vivir”.

Para quenes non a coñecedes, “Iria Viva Vivir” acaba de embarcarse nesa aventura arriscada e perigosa de ser nai. Arriscada e perigosa polo da falta de tempo para a conciliación familiar, a falta de de colectividade para educar as crianzas e a falta de interese político real de fixar poboación no rural. Polo demáis, traer unha vida ao mundo debería de supornos tan só un momento de alegría compartida, de saber que o ciclo da vida continúa e que lle pasamos  o relevo de coidalo todo a unha nova xeración. Eu só concibo a vida desta maneira, non me imaxino tentando de explicarlle a unha nena a importancia da cotización do barril de crudo ou o por qué debería ser abogada e non poeta.

Para quenes non a coñecedes, “Iria Viva Vivir” acaba de embarcarse nesa aventura arriscada e perigosa de ser nai. Arriscada e perigosa polo da falta de tempo para a conciliación familiar.

Así que benvida ao mundo, Minia.

Ti aínda non es consciente, pero túa nai estes días está a ser cuestionada por todo. Acostuma pasar nesta sociedade na que unha muller ten que xustificar cada unha das súas decisións. É frecuente tamén que o funcionamento do corpo dunha muller cho explique un home. E moi habitual que as túas emocións sexan anuladas ou magnificadas para que parezas unha tola. Chámase patriarcado, e pronúnciase feminicidio.

Pero non quero ser eu quen che asuste. Quen che meta o medo no corpo. Para iso xa temos un cento de medios que che van facer unha lectura da realidade bastante agotadora. Sen posibilidade de crear nada colectivo, sen posibilidade dun estilo de vida alternativo, sempre recordándote que non hai xeito de enganar ao sistema ou que até o obreiro máis pobre da sociedade vai ter no seu haber dúas mulleres.

E entre todas esas noticias de pesimismo, miseria e egoísmo, ti tamén vas descubrir os folgos de ter unha amiga como “Iria Viva Vivir”. Pois aínda que che pareza improvisado ten as costas unha vida tecida no feminismo, e iso é a ferramenta máis poderosa que unha nai lle pode deixar a unha filla.

A túa nai leva toda unha vida sendo consecuente. Pagando o prezo da disidencia, como xa pagaron outras e outros o longo da historia. Penso que non existe unha forma máis humana de estar no mundo.

E a todas as súas amizades fainos moita ilusión o conto. Pois sabemos que ven unha oportunidade de educar na diversidade, e de facer as cousas dunha forma distinta, que van vir mil debates e mil preocupacións, mil enfrontamentos neses grupos de WhatsApp da escola, mil noites en vela… Pero sabemos que a nosa postura estará ben defendida. Porque a túa nai transpira unha sustancia lilá, e iso é un fluido que tan só nos enche de esperanza.

A túa nai leva toda unha vida sendo consecuente. Pagando o prezo da disidencia, como xa pagaron outras e outros o longo da historia. Penso que non existe unha forma máis humana de estar no mundo.

Así que benvida ao mundo, Minia.

Porque vas ter a sorte de entender que unha muller trans é unha muller e non unha enemiga.

Porque vas poder estudar filosofía e non iniciativa empresarial.

Porque vas poder latar un cento de veces e non pasa nada, porque na vida tamén hai espazo para latar.

Porque vas poder bailar toda a noite, e seguir a festa pola mañán, na cociña da casa, onde acontecen todas as cousas que valen a pena na vida.

Porque vas medrar respetando cada unha das vidas deste planeta.

Porque vas querer ao Son, ao Trosky ou á Laika ou ao cento de cans que queiras recoller.

Porque nunca te van a obrigar a sorrir se non che apetece sorrir. Nin che van a prohibir falar das túas emocións.

Porque vas poder ter un novio, unha novia, un novie ou un cento deles.

Porque nunca vas ser unha puta. Nin unha ramera. Nin unha perroflauta.

E vas poder estar de mal humor sen ser unha mal follada ou estar “nun día desos”.

Porque non vas poñer a zancadilla.

Nin despreocuparte polos problemas alleos.

Benvida ao mundo, Minia, porque por moito que se emperren en dicir o contrario, imos demostrarlles que se pode vivir, poñendo a vida no centro de todo.

Para quen non a coñecedes eu teño unha amiga que acaba de embarcarse na aventura de ser nai. Chámase Iria Viva Vivir. E que non me falte nunca!

Comentarios