Opinión

102 anos máis

Eu son independentista e nin son violento nin me ten Torra a cabeza lavada . Tampouco odio a ninguén que non pense coma min. Nin enchoupo maliciosamente o chan con Fairy ao paso da Guarda Civil.

O que odiamos os independentistas é que haxa quen pode campar as súas anchas polo noso territorio despois de ter colaborado co asasinato da metade da poboación civil. E que a iso se lle chame monarquía parlamentaria.

Tamén odiamos que non se cuestione ninguén que un partido que di que vai prohibir dereitos humanos básicos e perseguir a persoas según a súa ideoloxía poda saír escollido para gobernar algo.

Que se nos criminalice por pedir un sistema máis xusto e equitativo. E que iso sexa infantil, utópico ou terrorista.

Que non se nos deixe nin ser nin estar, e se nos culpabilice a nós de exixir que se nos respete. Non temos que pedir permiso para manifestarnos. Non todo o mundo é capaz de vivir nunha prisión sen barrotes.

Que teñamos que vivir coma asesinos ou coma ladróns. Cando na maior parte non somos máis que persoas que vivimos do noso traballo. Non entedemos un mundo que xire entorno ao individuo por riba do común.

Que non se considere violencia morrer as portas dun hospital por ter nacido no rural. E que si o sexa queimar un cubo do lixo, un escaparate, unha canción.

Que se personifiquen as propiedades, os cartos e as cousas e se cosifiquen as persoas, os animais e os recursos vitais da Terra. Especulando con eles coma se foran mercancías.

Dicíalle Thoreau a quen o foi buscar para meter no cárcere por negarse a pagar os seus impostos (para financiar unha guerra que consideraba inxusta) que o lugar que lle correspondía naquel Estado inxusto as persoas xustas era a cadea.

Pois os cataláns , euskaros e galegos están no cárcere porque esta sociedade é unha merda. E a culpa non é de Torra. Senón desta persecución que estamos a crear. Este cidadáns de primeira válidos para engraxar a máquina do sistema fronte a cidadáns de terceira que só veñen quitarnos o pan.

Mais nada, haille que rir as grazas aos Borbóns, esa familia que sempre elexirá perpetuarse no poder fronte aos intereses do “seu” pobo.

Van ter que voar cabezas para que alguén poida desfrutar deste planeta, instaurando como está instaurada, esta lei do máis forte (ou máis rico).

Iso é España e estes son seus súbditos.

Polos seus actos os recoñeceredes.

Nada novo na palestra.

Comentarios