Opinión

Leiceaga, un presidente cunha resposta nova

Ata o de agora nestes últimos case oito anos a Presidencia da Xunta plantexouse somentes respostas insolidarias aos problemas de Galicia. O plan de acción do goberno galego consistiu en recortes, privatizacións e desregulación seguindo unha axenda neoliberal e asumindo a Doctrina Merkel da austeridade a calquer prezo. Estas políticas produciron moita dor e sofremento nas familias galegas e expulsaron a emigración a milleiros de xovenes. Agora é posible conquerir unha resposta nova dende a Presidencia da Xunta aos problemas de Galicia. E esa oportunidade está nas mans de todos os galegos e galegas este vindeiro 25 de setembro.

Os socialistas, os progresistas e os galeguistas temos que concentrar os nosos votos en torno a unha opción real de cambio. En torno á alternativa máis solida frente ao risco de catro anos máis de continuidade do desgoberno, os recortes e as privatizacións.

Esa opción de cambio real chámase Xoaquín Fernández Leiceaga. Este prestixioso profesor universitario apreséntase cun programa eleitoral de corte socialdemócrata e galeguista para dar continuidade a mellorar a acción dos anteriores gobernos progresistas encabezados por Fernando González Laxe (1987-1989) e Emilio Perez Touriño (2005-2009).

A aposta democratica e transparente feita pola militancia socialista nas eleccións primarias supuxo a escolla de Xoaquín Fernández Leiceaga para liderar e dar un novo impulso o PSdeG-PSOE nestas eleccións autonómicas decisivas para o futuro da nosa terra. Un plan de emprego xuvenil e para parados de longa duración, a recuperación da gratuidade dos libros de texto instaurada polo Presidente Touriño e abolida polo goberno popular, o estabelecemento dunha política de reindustralizacion do país e a recuperación dos servizos sociais (ensino, sanidade, dependencia, etc) son eixos primordiais no programa socialista para a lexislatura 2016-2020.

A sociedade galega estase escomenzando a mobilizar nestes días e se mantemos o compromiso nestes últimos días de campaña eleitoral o cambio político é posible en Galicia

As enquisas fallaron nos seus vaticinios nas recentes convocatorias eleitorais e sen dúbida volverán a fallar o 25 de setembro. Estase a respirar nas rúas de toda Galicia un forte desexo de cambio, a necesidade dunha resposta nova aos graves problemas que afronta o país: precariedade laboral, desindustralización, emigración, afundimento do agro e o sector leiteiro, crise nos esteleiros privados, etc. Pero a sociedade galega estase escomenzando a mobilizar nestes días e se mantemos o compromiso nestes últimos días de campaña eleitoral o cambio político é posible en Galicia.

É preciso que todos os cidadáns progresistas, os castigados polas políticas insolidarias da Xunta de Galicia nestes case oito escuros anos acudan ás urnas o 25-S. Ninguén debe ficar na casa. É posible unha nova Galicia que adopte políticas de crecemento, de recuperación dos servizos públicos da sanidade e o ensino, de apoio aos xóvenes e ás mulleres, de transparencia na xestion, de respaldo á nosa lingua galega e non de persecución da mesma como até agora. É posible que Galicia xogue un novo papel moito máis activo na escena internacional reforzando a nosa presenza en Bruselas para defender os nosos intereses e estreitando os lazos cos países iberoamericanos e asumindo un novo rol no espazo da Lusofonía co ingreso na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.

Todas estas medidas e máis están contidas no noso programa eleitoral no PSdeG-PSOE. Eu animo os galegos e galegos a que non se resignan, a que apostan por unha nova Galicia con solidariedade e xustiza, aberta ao mundo e orgullosa da súa lingua e cultura, a dar un paso adiante e iren a votar este 25-S polo profesor universitario Xaquín Fernández Leiceaga, que sen dúbida ten acreditadas credencias de compromiso coa terra nestes anos para seren o vindeiro Presidente da Xunta de Galicia. A decisión do futuro de Galicia o 25-S non depende das enquisas, depende unicamente da vontade soberana de todos nós. Entre todos o 25-S podemos dar unha nova e ilusionante resposta ao futuro de Galicia.

Comentarios