Opinión

Fucking fracking

A pasada fin de semana foran detidas nas contornas rurais da localidade de Balcombe, en West Sussex (Inglaterra), 14 persoas por tentaren paralisar na súa terra os inicios dos traballos de fracking, mais un novo neoloxismo, mesmo para a lingua inglesa, que se torna metáfora global dun dos significados informais do palabro, cando foi comezado se usar na serie de TV Battlestar Galactica para substituír o xa tamén coñecido e polivalente fucking e evitar así a censura lingüística.

A pasada fin de semana foran detidas nas contornas rurais da localidade de Balcombe, en West Sussex (Inglaterra), 14 persoas por tentaren paralisar na súa terra os inicios dos traballos de fracking, mais un novo neoloxismo, mesmo para a lingua inglesa, que se torna metáfora global dun dos significados informais do palabro, cando foi comezado se usar na serie de TV Battlestar Galactica para substituír o xa tamén coñecido e polivalente fucking e evitar así a censura lingüística.

O que realmente pretendía facer aquela veciñanza era impedir que a maquinaria da empresa encarregada comezase a furar as súas terras na procura do chamado gas de xisto, mesmo máis coñecido polo tamén estranxeirismo de shale gas, un combustíbel que, a diferenza do gas convencional, non se atopa en bolsas do subsolo, mais enquistado en bloques rochosos sedimentarios formados por materiais orgánicos.

O fracking precisa de ducias de millóns de litros de auga para cada unha das fracturacións, o cal pode facer esgotar as reservas públicas e ter catastróficas consecuencias para os recursos hídricos.

O caso é que para obteren o gas de lousa están a empregar a técnica da fracturación hidráulica, agora renomeada como fracking, que consiste en furar o subsolo e inxectar nel inxentes cantidades de auga, mesturada con area e aditivos químicos, para, após varios procesos técnicos máis, conseguiren ese novo tesouro agachado nas profundidades.

Cando, non sorpresivamente, unha compañía petroleira estadunidense, a Mitchell, comezou a experimentar estes novos métodos, acendéronse todos os alarmes entre os colectivos conservacionistas que denuncian a insustentabilidade do procedimento. 

O fracking precisa de ducias de millóns de litros de auga para cada unha das fracturacións, o cal pode facer esgotar as reservas públicas e ter catastróficas consecuencias para os recursos hídricos, xa hoxe no punto de mira do capital privado. 

 Na Galiza, e pensando nas zonas de lousa de Valdeorras ou Courel, e con antecedentes ameazantes, e mesmo co placet da Xunta do PP, como en Corcoesto, moito fai temer a súa chegada. 

Aínda, ao abrollaren de novo na superficie, estas augas poderían causar irreparábeis danos ambientais e para a saúde da poboación, ao chegaren carregadas cos aditivos empregados e outros compostos químicos, algúns deles radiactivos, cos que entraran en contacto no subsolo. A consecuencia máis grave e perigosa podería ser a contaminación da auga potábel.

Así pois, os voraces intereses do capital financeiro internacional, atoparan o método e o palabro chave. Non fartos cos seus privilexios, que levan causado moito sangue, fame e morte entre os parias do mundo, agora deran primeiro en fracturar as economías nacionais que non tiñan baixo as súas poutas; frackearan, ou iso están tentando con moito suceso, o noso estado do benestar e pretenden aínda facer o propio co solo, como querendo abrir unha grande fenda que nos engula a todos de vez no abismo de novas e futuras catástrofes ambientais.

En 2011 o documental nominado para os Oscar, Gasland, amostrou a destrutiva técnica e os efeitos devastadores para a saúde da xente, mais os danos ambientais. Nel vese como un viciño afectado, ao abrir a billa, achégalle un isqueiro á auga que sae dela e produce unha explosión con chamas. Don't frack my water, acáballe espetando ás compañías de gas natural que, tal lobos con peles de año, queren facer pasar o seu produto por 'enerxía limpa e renovábel'.

No Estado español, xa están aí, por máis que nalgúns territorios, caso de Cantabria, lles teñan impedido oficialmente tais prácticas. Na Galiza, e pensando nas zonas de lousa de Valdeorras ou Courel, e con antecedentes ameazantes, e mesmo co placet da Xunta do PP, como en Corcoesto, moito fai temer a súa chegada, e mesmo lembrar o ''primeiro Porto-Marín, e logo Castrelo de Miño, depois tocoulle ás Encrobas....." dos Fuxan. 

E, téndomos en conta que, en contextos informais, fracking e fucking veñen ser o mesmo, cómpre estarmos á espreita para que non nos... amolen co, valla a redundancia, fucking fracking, e para non termos que volver retomar a cantiga e proseguir con aquilo de '...e as portas de Xove están, se algún lugar non chegaron, axiña aparecerán'.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios