Opinión

Aeroportos: reestruturar para privatizar

O Comisario Europeo da Competencia, o socialista Joaquin Almunia, prepara unha Directiva Comunitaria que está previsto que vexa a luz no 2014, que ten coma obxectivo a privatización e reestruturación do sistema aeroportuario europeo. Iso explica que o Goberno Español paralizase o proceso de privatización de AENA anunciado no mes de maio polo Secretario de Estado de Infraestruturas e Transportes do Ministerio de Fomento. A actual polémica sobre os aeroportos galegos trata de encubrir ese proceso.

O Comisario Europeo da Competencia, o socialista Joaquin Almunia, prepara unha Directiva Comunitaria que está previsto que vexa a luz no 2014, que ten coma obxectivo a privatización e reestruturación do sistema aeroportuario europeo. Iso explica que o Goberno Español paralizase o proceso de privatización de AENA anunciado no mes de maio polo Secretario de Estado de Infraestruturas e Transportes do Ministerio de Fomento. A actual polémica sobre os aeroportos galegos trata de encubrir ese proceso.

"Grandes construtoras estatais, algunhas que aparecen nos papeis de Bárcenas como doadoras ao Partido Popular, amosaron o seu interese na posible privatización dos aeroportos de Madrid ou Barcelona, pero desbotaron participar na privatización parcial de AENA".

A Unión Europea pretende un mercado único aéreo para o que estima preciso privatizar a rede de aeroportos naqueles países nos que continúan en mans do Estado. A Comisión Europea, co visto e prace do PSOE e do PP, prepara unha Directiva que avanza na privatización dos aeroportos máis rendíbeis e restrinxirá as posibles axudas públicas tanto aos aeroportos coma as liñas de baixo custe (neste caso condicionadas a viabilidade da conexión). Cabe lembrar que en Europa moitos aeroportos xa foron privatizados, as consecuencias para os usuarios tamén foron evidentes, resulta habitual que cidades europeas queden incomunicadas en caso de nevaradas pola negativa dos seus propietarios a “regar” os avións con anticonxelante debido aos custes desta práctica.

Grandes construtoras estatais, algunhas que aparecen nos papeis de Bárcenas como doadoras ao Partido Popular, amosaron o seu interese na posible privatización dos aeroportos de Madrid ou Barcelona, pero desbotaron participar na privatización parcial de AENA. Segundo a Comunidade de Madrid o aeroporto supón o 10% do PIB desa cidade e o 9% da Comunidade Autónoma, o aeroporto de Barcelona xera o 3,3% do PIB de toda Catalunya. As empresas privadas queren facerse exclusivamente cos aeroportos mais rendíbeis , de ai que o PP pretenda unha concentración dos vós en determinados aeroportos preparando a privatización. Os aeroportos son un servizo público e a súa rendibilidade social e económica para Galiza que debe estar por riba da rendibilidade para os posibles compradores, é precisa unha coordinación entre aeroportos, pero estes son complementarios tamén do resto de infraestruturas de transportes, incluídos os portos. 

"As empresas privadas queren facerse exclusivamente cos aeroportos mais rendíbeis , de ai que o PP pretenda unha concentración dos vós en determinados aeroportos preparando a privatización."

Coma aconteceu coas Caixas o PSOE está de acordo co PP na Comisión Europea, pero a nivel galego tenta levar adiante unha cortina de fume apoiando un novo debate localista auspiciado por Abel Caballero. Cando peche Peinador, froito da decisión de Joaquin Almunia, cecais asistiremos a un novo Pleno que o nomeará persoa “ingratisísima do mundo mundial”, cousas veredes.

O BNG solicitou no Parlamento Galego a transferencia da xestión dos aeroportos para a Comunidade Autónoma, o que contou coa oposición do Partido imPopular, unha vez máis non están por transferir a Galiza o que están dispostos a ceder as empresas con sede en Madrid. O control publico galego é a antítese da privatización a favor da corrupta oligarquía española.

Comentarios