Opinión

Na nova biblioteca de Carballo

Inaugurar unha biblioteca pública é un profundo acto de amor para co noso idioma,  é un profundo acto de amor á humanidade e é un acto de irrenunciábel esperanza. É, en fin, chantar os íntimos alicerces    onde  asentar as pedras basilares da arquitectura da nación que soñamos.

Inaugurar unha biblioteca pública é un profundo acto de amor para co noso idioma,  é un profundo acto de amor á humanidade e é un acto de irrenunciábel esperanza. É, en fin, chantar os íntimos alicerces    onde  asentar as pedras basilares da arquitectura da nación que soñamos.

A biblioteca é coma un grande corazón no que os libros que irán enchendo os seus andeis son o torrente sanguíneo do saber son eses fermosos obxectos que conteñen as vellas verdades universais e tanto labor en mancomún: a condición ética que nos move.

"Unha bibiblioteca, aínda que feita en clara e fermosa arquitectura, sempre é un casal antigo, pois é gardador das fontes claras da memoria do home tamén da nosa."

Unha bibiblioteca, aínda que feita en clara e fermosa arquitectura, sempre é un casal antigo, pois é gardador das fontes claras da memoria do home tamén da nosa.

As escritoras e os escritores galegos somos tamén en grande parte fillos das bibliotecas. Delas recibimos hábitos de lectura, nelas aprendemos a compartir e, co pasar dos años, a elas, ás bibliotecas entregamos os nosos froitos, os froitos do noso traballo na voz inextinguible do noso idioma,  onde os materiais do espírito humano vivirán en historias e personaxes capaces, en palabras de Faulkner, de axudar aos galegos a lle alixeirar o corazón lembrándolle a esperanza, o orgullo de Sermos Nós e a solidariedade coma palabra necesaria da dorida realidade do noso tempo.

"Somos tamén en grande parte fillos das bibliotecas. Delas recibimos hábitos de lectura, nelas aprendemos a compartir e, co pasar dos años, a elas, ás bibliotecas entregamos os nosos froitos"

Esta biblioteca acollerá a historia de Carballo que,  inscrita con letras de ouro, forma parte   da historia da Nosa nación, acollerá os libros dos seus fillos e fillas ilustres. Mais nela tamén aprenderán os rapaces e rapazas a ler a liña da vida nas mans labregas, amorosas, populares que defenderon Baldaio, que nos defenden en Corcoesto.

Hai momentos da historia dun pobo onde a súa dignidade está mais mans de mulleres e homes que defenderon fértiles areais e a Terra de noso, xenerosa amada que é coma defender a nación toda.

O verdadeiro ouro da Nosa Terra é o noso idioma, os libros que dende hoxe habitan esta fermosa biblioteca.

Comentarios