Opinión

O lugar de soberanía do idioma

Vimos celebrar tamén ás institucións culturais e aos homes e mulleres que fixeron e fan da nosa cultura o centro de gravidade do seu labor. Sería impensábel a nosa cultura e a actividade da AELG sen a colaboración fértil destas institucións 

Vimos celebrar tamén ás institucións culturais e aos homes e mulleres que fixeron e fan da nosa cultura o centro de gravidade do seu labor. Sería impensábel a nosa cultura e a actividade da AELG sen a colaboración fértil destas institucións 

"O escritor e a escritora, na nosa cultura crea e volve crear sen fin o borroso mapa da memoria individual e colectiva, a realidade que transcende a realidade do noso humano vivir".

Tamén aquelas administracións públicas que teñen á súa fronte homes e mulleres que fan da cultura da nosa nación e o noso idioma o seu referente o seu eixo transversal vertebrador. Eles e elas saben que o que outorga e inviste de dignidade política a un cargo público é a defensa de valores coma os do noso idioma no que se constrúe a nosa cultura, en dialogo coas culturas que constrúen o noso tempo. É algo mais que a xestión do debe e o haber das contas públicas o desempeño dunha responsabilidade política de goberno en calquera das administracións.

O escritor e a escritora, na nosa cultura crea e volve crear sen fin o borroso mapa da memoria individual e colectiva, a realidade que transcende a realidade do noso humano vivir.

O escritor é o posuidor dunha lingua creadora dun lugar dende o que pensarmos o mundo e explicármonos e nos lembrar a pertenza a un lugar para non sermos así a construción cultural de outras culturas por moi hexemónicas que sexan ou pretendan ser.

Dinos o escritor palestino Edward Zaid que  o oriente e o orientalismo foron unha creación cultural do occidente dende unha posición hexemónica para se apropiar dunha suma de culturas que englobou na palabra Oriente e así convertelas en algo que non eran, para mellor  as dominar e dominar así os seus países, política  e economicamente. Non somos alleos a estas dinámicas históricas de desposesión cultural.

Corresponde aos galegos e galegas en xeral, e aos escritores e escritoras en particular, a construción da súa cultura que é a suma do pasado e presente da nosa intima biografía colectiva. É aprendermos a ler na tradición os mais antigos soños que dormen nos signos, cos que tallamos a pedra e amasamos os silencios da enmudecida Terra e do mar, coas súas secretas revelacións para que o escuro fose canto e alfaia en tantas arealongas.

"Toda cultura precisa dos seus escritores escritoras e no caso da cultura galega o seu papel faise cada vez máis necesario nun tempo no que  a suma do desleixo e a institucionalización da ignorancia sobre nosa cultura faise máis e mais requintada". 

Toda cultura precisa dos seus escritores escritoras e no caso da cultura galega o seu papel faise cada vez máis necesario nun tempo no que  a suma do desleixo e a institucionalización da ignorancia sobre nosa cultura faise máis e mais requintada. 

Non son o primeiro en dicir - creo que foi Auden- que toda cultura ten na súa literatura un lugar de soberanía do idioma no que se expresa. Un lugar de resistencia contra da usura con que é tratado o idioma, fronte ao efecto banalizador da globalización, polo que cada vez faise mais evidente que a vontade de escribir ben é unha ética.

Os galegos e galegas levamos mais da metade da nosa historia construíndo a nación sen clase dirixente, que si tivemos en períodos de normalidade histórica. Mais aínda así construímos unha das culturas mais florecentes   da Europa que alimentamos e que, tamén, nos fixo a nós crecer. Fomos capaces de consumar na mais fermosa tradición oral os mais antigos ritos da conciencia de ser dunha terra e participar dos seus ciclos da vida.

Nas catro ultimas décadas construímos humildes institucións coma esta asociación, aproveitando aquela fraca descentralización autonómica. Conseguimos naquel tempo erguermos  institucións publicas que, cada vez  mais enxangues, hoxe están a se converter nun peso morto que non permite desenvolver as necesarias capacidades para as que foron creadas

Hoxe, os escritores, os mediadores sociais, entre o que está o impagable traballo do profesorado, dos bibliotecarios, teimamos na construción dun sistema literario que puidera respirar cunha industria editorial hoxe cada vez mais feble.

Todos temos nestes momentos a necesidade dun plan estratéxico de apoio ao libro galego e dun inaprazábel Plan de Lectura, consensuado con todos os axentes partícipes, que continuamos a agardar desde o seu anuncio no Parlamento Galego hai xa máis de dous anos por parte dos responsables de Cultura, que coloque o libro e a lectura na cerna da formación humanística e da construción do pensamento crítico da sociedade galega e que sume valor económico engadido á sempre necesaria industria cultural. 

Pola mesma razón que non fun coleccionista de números cero de revistas, nunca fun amante de informes dramáticos sobre a nosa lingua. Outra cousa é que temos que dotármonos das lexitimas alarmas diante dunha falsa normalidade, que está a levar nosa lingua a perigosos espazos de febleza sen retorno, mesmo nun momento no que se está a tentar lle tranferir a responsabilidade normalizadora á sociedade á que non se lle permite vivir en galego . 

"Conseguimos naquel tempo erguermos  institucións publicas que, cada vez  mais enxangues, hoxe están a se converter nun peso morto que non permite desenvolver as necesarias capacidades para as que foron creadas"

Vainos a vida en que non se rompa a transmisión oral do idioma na educación básica, precisamente cando hai tantos escritores e escritoras que dan o mellor do seu froito literario na literatura infantil e xuvenil,- literatura con maiúsculas- ademais de termos unha respectada e florecente calidade editora. 

A escrita literaria coma un elemento normalizador. Este é o noso empeño esa é a razón de sermos.

Este ano tamén celebramos o día 24 de febreiro como o día de Rosalía, que xa é unha realidade grazas á receptividade social da súa figura e da súa obra.  Coma todos os anos reivindicamos que o Panteón de Galegos Ilustres sexa laico, de aceso publico  e cun uso de propiedade publica. A situación na que se atopa o Panteón de Galegos Ilustres é a metáfora da situación do nosa a cultura e quizais tamén do noso pais.Vainos a vida, en defendermos os nosos símbolos nacionais. 

Rosalia non é unha elección estética ou é algo mais que unha elección estética entre os moitos escritores e escritoras que son a nosa fértil tradición literaria.

Na súa obra está depositado o espello da nosa inmensidade interior. Como dixen este 24 de Febreiro: A súa obra non so, e nada menos, fixa as inquedanzas dunha muller do seu tempo que vai mais ala do seu tempo. Por isto é tan actual. Porque soubo ler os mais íntimos segredos da alma humana, aquela que os Galegos e galegas soubemos aportar de noso coma singular ao conxunto da humanidade.

O feminismo que defende Rosalía é liberador do ser humano. 

"Pensamos que era de xustiza recoñecermos publicamente que só con prensa galega en galego é posíbel dicirmos as nosas verdades no día a día. A que mostra como somos e como nos soñamos".

Grazas á súa obra, tamén os homes, poderemos facer cinza da historia do patriarcado que levara o vento

No outono pasado, no Galeusca de Barcelona reflexionamos sobre a situación profesional do escritor. Na nosa nación, son poucas as escritoras e escritores que poidan vivir da súa profesión. Noutras nacións do Estado descendeu de maneira alarmante. Aquí aínda non se chegou a uns mínimos necesarios. Aínda que é evidente que a profesionalidade sempre guiou aos escritores galegos. Non sería posíbel unha literatura que pode competir en calidade con calquera literatura doutras nacións se non se tivese unha entrega  profesional. Haberá que comezar a aceitar que é imprescindíbel abrir os camiños da profesionalización tamén para as escritoras e escritores galegos.

Di un Clásico Taoista Vietnamita moi querido por Ho chi Ming e por quen isto escrebe: “Se as palabras non son as correctas, a linguaxe non di a verdade das cousas. Se a linguaxe non concorda coa verdade das cousas os asuntos non poderán chegar a bo fin".

Este ano no consello directivo da AELG pensamos que era de xustiza recoñecermos publicamente que só con prensa galega en galego é posíbel dicirmos as nosas verdades no día a día. A que mostra como somos e como nos soñamos.

Decidimos premiar como Institucións Culturais ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, á Asociación de Medios en Galego e a aquelas e aqueles Os bos e xenerosos no eido do xornalismo en galego, Margarita Ledo, Manuel Lombao, Tereixa Navaza e Xose María Palmeiro en representación de todos e todas as profesionais do xornalismo, que puxeron os alicerces para termos uns medios de comunicación galegos e en lingua Galega nun tempo no que nacíamos a tantas cousas 

Esta cidade é o centro de gravidade da sección de literatura oral , a alfaia da AELG e o noso orgullo. Da mao de Antonio Reigosa, con Isidro Novo e toda a actual e recen estreada equipa, da súa mao ven o Premio "Mestras-es da Memoria  por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. 
Gracias Josefa Arias e Emilio do Pando por seren a memoria viva do noso idioma. Sen o idioma que vostedes conservaron e transmitiron pouco futuro tería o noso idioma. Grazas.

Grazas á equipa da secretaria técnica , Ana e Ernesto e ao consello directivo, son moitos os proxectos a se desenvolver: A Escola de Escritores e Escritoras que segue o seu labor cos Obradoiros de creación literaria alí onde atopamos apoio institucional. Autor a autor imos construíndo o territorio do escritor da escritora trazando as xeometrías da alma ao longo das cidades e vilas do noso pais. Cos Roteiros literarios percorremos as pegadas físicas que habitan vida e a obra dun escritor e escritora. Lemos así a Nosa Terra coma se fose   un libro

"Que o escritor se negue a que as súas declaracións sexan traducidas, en calquera dos medios de comunicación galegos".

A web da AELG que anda a cumprir dez anos vai polos dezasete millóns de entradas de máis de 27 países. Entre as seccións esta a das palabras con memoria que recolle Isidro Novo, esas palabras sempre vivas aínda, despois de renaceren das súas incontábeis mortes, da luz dos seus outonos que teñen no seu centro toda a primavera
No novembro pasado os mais novos celebraron o seu VIII encontro, anovando formatos da palabra audiovisual.
Para o outono deste ano celebraremos o noso sexto congreso de escritores na cidade de Pontevedra para tomarlle o pulso á fértil realidade actual da nosa literatura e lle interrogar ao futuro, tamén para buscar instrumentos para necesaria visibilidade social do noso Sistema Literario.

Do primeiro congreso de Poio celebrado hai 34 anos en Poio. Entrecollo algúns puntos daquel manifesto:

- Que o escritor se negue a que as súas declaracións sexan traducidas, en calquera dos medios de comunicación galegos.
- Escola galega e en galego a todos os niveis.
- Derrogación do decreto de bilingüismo.

É evidente que segue a ser necesario que nos reunamos para debater sobre o momento actual e o noso futuro.

Ao escritor brasileiro Luiz Ruffato distinguímolo coma o autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana e nomeámolo escritor Galego universal. O noso escritor dicía no 2007. Cito " O que nos une,portugueses, brasileiros, angolanos, moçambicanos, guineenses, timorenses, são tomenses, cabo-verdianos? Tal vez, concluíamos, unha língua comum, o que redunda num conceito, a Lusofonia. Mais aqui xa não há consenso: a língua e a cultura, foram impostas por médio da exploração e a repressão das populações autóctones, que deixaram profundas cicatrizes nas relacións entre colonizadores e colonizados. Por outro lado sabemos que a língua com que nos expressamos, antes de ser portuguesa , é galega- a Galiza é o berço do que se convencionou denominar, por inxuncions históricas, de língua portuguesa. Enton na época (2005) propus que ao invés de levantarmos a bandeira da lusofonia, passarmos a falar de Galeguia. Que devolve o sentido original da raiz da Nossa língua, relativiza o peso do passado colonial e incorpora, com os devidos réditos , a Galiza a este universo comum". 

O proxecto literario de Luiz Ruffato foi o de ficcionalizar a história da clase operária brasileira desde meados do século XX até o início do século XXI. Fundamentalmente,o seu Proxecto de escrita é , cito, “os inmigrantes que foram expulsos pela fome e pela miséria do seu pais natal. Porque o Brasil é um país formado por imigrantes europeus e asiáticos e mas tambem pelos inmigrantes internos do Nordeste e Minas Gerais, deixando para tras no só suas raizes culturais, mas principalmente sua história". Benvido a esta terra que sempre foi a súa.

E antes de comenzar este voso acto de celebración quixeramos desde o Consello directivo enviar un abrazo fraterno aos escritores que este año nos deixaron para vivir nas súa obra: o profesor Alfonso Magariños Sueiro e o profesor e Mestre Francisco Carballo el axudou como poucos a que Galiza tivese medios de comunicación Galegos e en Galego.

Discurso pronunciado no acto de entrega dos premios da AELG que se desenvolveu o pasado 9 de maio en Lugo. 

Comentarios