Opinión

Por unha Marea galega

É a hora da Unidade Popular, da Confluencia da esquerda, da clase traballadora galega, da xenerosidade

 
É a hora da Unidade Popular, da Confluencia da esquerda, da clase traballadora galega, da xenerosidade, da altura de miras e de deixar a un lado os egos, os personalismos, os protagonismos e a predominancia dunhas siglas sobre as outras. É a hora de xuntarnos, unirnos, de cooperar conxuntamente pra conformar unha Gran Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas, unha Marea Galega con grupo parlamentario propio pra as vindeiras Eleccions Xerais pero tamén para as seguintes eleccións autonómicas na que caibamos todos/as, na que todos/as traballemos conxuntamente e colaborativamente, onde todos/as sexamos necesarios/as e ninguén imprescindible porque é mais o que nos une que o que nos separa.

Desde a miña humilde opinión, esa Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas, esa Marea Galega debe contar co total protagonismo cidadán e dos movementos sociais, debe estar construída dende abaixo, dende as bases, de forma democrática, inclusiva, plural, horizontal, participativa. Os partidos políticos que apoien este proceso de Unidade Popular, esta Marea Galega, son benvidos pero deben estar nun segundo plano, acompañando este proceso e non tutelándoo ou instrumentalizándoo.

"É a hora de deixar a un lado os egos, os personalismos, os protagonismos e a predominancia dunhas siglas sobre as outras"

Esta Marea Galega debe ter un Programa Común claramente de esquerda e anti-neoliberal totalmente aberto, inclusivo, participativo que defenda o Ensino Público e a Sanidade Pública, o dereito a unha vivenda digna, os servizos públicos, a igualdade de oportunidades, a xustiza social, o dereitos humáns, os dereitos sociais, a nosa cultura, o noso idioma galego e os nosos sectores productivos, os dereitos da clase traballadora galega e do pobo galego. Esta Marea Galega é fundamental pra democratizar a economía, pra rescatar o público, pra recuperar as institucións pra a xente, pra transformar a sociedade  e pra o cambio político e ese cambio político debe protagonizalo a cidadanía empoderada e os movementos sociais que todos os días loitan na rúa por un mundo máis xusto, humano, solidario e democrático

Comentarios