Opinión

Fascismo Nunca Máis:

O pasado 30 de Xullo do 2018 fixen unha pequena intervención como público no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a Moción do Grupo Municipal do BNG e para dicir alto e claro Fascismo Nunca Máis
 

Na miña pequena intervención dixen alto e claro que en Ferrol @s demócratas NON queremos e NON imos a permitir de ningunha maneira que traian os restos do asesino e xenocida dictador fascista Francisco Franco, un dos maiores xenocidas do mundo, que en Ferrol @s demócratas queremos a retirada inmediata de toda a simboloxía franquista da nosa cidade  e Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as víctimas do franquismo. 
 

A ditadura fascista do dictador Francisco Franco foi un rexime de terror, un auténtico xenocidio contra o pobo traballador e o movimento obreiro, unha dictadura de clase, criminal que implantou unha salvaxe dictadura fascista no Estado Español durante 40 anos . 
 

Esta ditadura fascista veu precedida por un infame golpe de estado fascista contra o goberno lexítimo e democrático da República saído das urnas e este golpe de estado fascista foi alentado, promovido, auspiciado e orquestado polas elites económicas, pola oligarquía española e pola xerarquía da igrexa católica (Nacional Catolicismo) que levou baixo palio o ditador Francisco Franco pra seguir defendendo e mantendo os seus privilexios e intereses de clase. 
 

A ditadura fascista de Francisco Franco torturou, asasinou, fusilou, encarcelou, represaliou, condenou o exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres democratas e loitadores pola liberdade e fronte o fascismo tanto socialistas, como nacionalistas, independentistas, comunistas, anarquistas, libertari@s, feministas, mestres/as, sindicalistas, etc, etc
 

En pleno seculo XXI e no ano 2018 aínda hai máis de 114.000 demócratas enterrad@s vergoñentamente nas cunetas e en fosas comuns e o fascismo sigue estando impune .
 

Hoxe é máis necesario que nunca dignificar as víctimas do franquismo, ilegalizar a Fundación Fascista Francisco Franco por apoloxía do franquismo, investigar todos os crimes do franquismo pra que non queden impunes  e levar ante a xustiza a todas as persoas responsables dos crimes do franquismo e torturadoras e colaboradoras coa ditadura franquista como Billy el Niño, El muñecas, etc. 
 

Tamen é fundamental a Devolución Inmediata o Pobo Galego do Pazo de Meirás que foi un expolio e un roubo do dictador Francisco Franco o Pobo Galego. 
 

Dende eiqui toda a miña solidariedade c@s #19deMeiras. 
 

Na miña intervención no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a xusta e democrática Moción do BNG lembrei que Ferrol é unha cidade rebelde, de longa traxectoria de loitas sociais das mulleres como a Revolta das Pedradas e de loitas do movimento obreiro e a cidade onde naceron Pablo Iglesias Posse, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, as mulleres de Marzo do 72 e a cidade onde asasinaron a policía franquista española a Daniel Niebla, a Amador Rey e o militante da UPG, nacionalista galego, comunista e loitador antifranquista e na defensa da democracia, das liberdades, do pobo traballador galego e dos dereitos nacionais da Galiza Moncho Reboiras Noia. 
 

Xa por ultimo pra rematar agradecer o BNG que pensara en min pra defender a sua democratica moción, lembrar que pra ser demócrata hai que ser antifascista. 
 

Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo .


 

Fascismo Nunca Máis. 

Comentarios