Opinión

'8-M: Día das Mulleres Traballadoras', por Carolina Pereiras

Hoxe reivindico o valor das loitas feministas no mundo pola dignidade, a igualdade e a non discriminación. E quero poñer o foco nas mulleres afgás que arriscan, se se manifestan, a súa integridade física expoñéndose a penas de cárcere.

Hoxe defendemos como propio o dereito á protesta das mulleres que en Afganistán esixen aos talibáns a posibilidade de estudar, traballar e participar na vida política para reconstruíren o seu país.

Do mesmo xeito, alzamos a voz polas mulleres de España que reclaman acabar cos asasinatos machistas, polas que en Polonia reivindican o dereito ao aborto, polas que en México din basta xa aos feminicidios! En definitiva, é o momento de poñer en valor tantas outras loitas das mulleres que fan o mundo mellor.

Carolina Pereiras (Oleiros)

Comentarios