Opinión

'Transformar os residuos en recursos: o bo camiño', por Francisco Peña

Aactual normativa da UE sobre a xestión e tratamento de residuos garantiza a seguridade e inocuidade para a saúde humana e o ambiente, aínda que é necesario insistir na necesidade de reducir a pegada de carbono. O novo concepto de xestión integral de residuos urbanos vixente nos países máis avanzados destaca a necesidade de profundizar na complementariedade de procedementos, seleccionando o mellor sistema de entre os posibles, coa finalidade de chegar a unha solución global que sexa viable e eficiente.

O Plan de xestión de residuos urbanos de Galiza está baseado en potenciar a recollida selectiva, reducir o volume destinado a vertedoiro, a compostaxe e a valorización enerxética. En Galiza hai tres modelos de xestión: Sogama, Nostián e Barbanza, compleméntase entre si.

A compostaxe para a fabricación dun compost de calidade vai estar condicionada polo destino que se vai dar para conseguir unha boa aceptación dos seus potenciais consumidores, que determina o seu prezo de venda e as posibilidades de uso, é moi importante que o cidadán faga a separación e selección en orixe de forma correcta, coa finalidade de que a súa aplicación produza beneficios ambientais e conseguir o seu máximo aproveitamento no destino axeitado. Poñer en valor o traballo dos mestres composteiros nas vilas de Galiza para o máximo aproveitamento posible da materia orgánica.

Francisco Peña (Ponteareas)

Comentarios