Opinión

'China dá esperanza', por Yao Fei

A economía mundial foi duramente golpeada en 2022, no contexto da pandemia, a crise en Ucraína e o alto nivel de inflación. Os EUA tiveron un crecemento de 2,1%; a UE de 3,4% e China de 3%. 

Un informe das Nacións Unidas predí un descenso do 3% en 2022 ao 1,9% en 2023 en relación ao crecemento da economía mundial. A ralentización económica será un fenómeno universal. Con todo, prognostica un fortalecemento de 4,8% da economía da China en 2023. 

Segundo os expertos, a medida que a demanda se recupera e as políticas renden resultados esperados, liberarase máis vigor nas actividades económicas na China e o país seguirá funcionando como o amortecedor e acelerador da economía mundial. 

China está a aumentar o seu investimento na economía dixital e a economía verde. A demanda interna está a converterse no motor da economía do país. Os produtos e servizos estranxeiros terán máis oportunidades para ingresar nese mercado. Deben participar activamente na Exposición Internacional de Importación e a Feira Internacional de Servizo que organiza China anualmente. China e a UE poden traballar conxuntamente na economía dixital, conservación ambiental, nova enerxía e a intelixencia artificial, coñecidas como o novo motor de crecemento. 

Yao Fei (Embaixada chinesa en Madrid)

Comentarios