Opinión

'Carril bici', por Sergio Costas

Eu son de Vigo, estudante de bacharelato que cando paseo por Vigo ou vou nalgún transporte urbano, non podo evitar fitar para o carril bici e pregúntome, era preciso? Ao principio, pensei que si, non che vou mentir, soaba xenial, porén, esa opinión mudou axiña. Non levou moito tempo darme conta de que este carreiro tiña moitos inconvenientes.

Vigo non destaca por ser unha cidade con rúas ou avenidas amplas onde un carreiro bici non xeraría ningún problema, como pode ser Vitoria, pola contra, é unha cidade na que é moito difícil aparcar e o carril bici xerou moitos problemas. Onde pode aparcar un transportista de mobles ou outros similares para descargar a súa mercadoría (que adoita ser moi pesada) se a vivenda á que hai que chegar ten un carril bici diante? Ou onde pode aparcar unha persoa para recoller o seu pai, nai, avó...que ten problemas de mobilidade se ten un carril bici diante do seu edificio? Son detalles que non nos decatamos se non se sofren en primeira persoa.

E é que o carril bici en Vigo non só provocou estes problemas senón que tamén eliminou moitas prazas de aparcadoiro e reduciu os carrís. Ademais, coa redución dos carrís, ante unha emerxencia, xa non se pode aparcar en paralelo sen derrubar o tráfico. E o que máis me desgusta de todo isto é que, practicamente, case ninguén o usa. Poucas veces vexo pasar máis de tres persoas en bicicleta ou patinete. Foi preciso facer este grande investimento para causar máis caos do que había?

Sergio Costas (Vigo)

Comentarios