Opinión

Se Amancio Ortega pagara impostos

A semana pasada visitou Pontevedra o conselleiro de Educación, Sr. Vázquez,  e acompañado do alcalde da cidade, ofreceu una rolda de prensa que non ten desperdicio.

O conselleiro aplícase a fondo na súa faceta máis frívola e xustificou a eliminación do programa de gratuidade dos libros de texto co que se estreou no 2009, poñendo de exemplo a Amancio Ortega, ao alcalde e a el mesmo. Señor Conselleiro, con todo  respecto, debería repasar os conceptos de servizo público, ensino público e financiamento dos servizos públicos. Sería bo para vostede e tamén para o resto.

A semana pasada visitou Pontevedra o conselleiro de Educación, Sr. Vázquez,  e acompañado do alcalde da cidade, ofreceu una rolda de prensa que non ten desperdicio.

"Señor Conselleiro, con todo  respecto, debería repasar os conceptos de servizo público, ensino público e financiamento dos servizos públicos. Sería bo para vostede e tamén para o resto".

O conselleiro aplícase a fondo na súa faceta máis frívola e xustificou a eliminación do programa de gratuidade dos libros de texto co que se estreou no 2009, poñendo de exemplo a Amancio Ortega, ao alcalde e a el mesmo. Señor Conselleiro, con todo  respecto, debería repasar os conceptos de servizo público, ensino público e financiamento dos servizos públicos. Sería bo para vostede e tamén para o resto.

Por se lle interesara, vou avanzándolle algo:

Primeiro: o ensino púbico é obrigatorio e gratuíto (e laico). Iso significa que o financiamento sae dos impostos de  empresas, das empresarias e empresarios e das traballadoras e traballadores. Obrigatorio significa que a non escolarización é un delito. 

Segundo:  Os cartos para financiar un servizo público, por simplificar, os pagaría cada un cos impostos, en función dos seus ingresos e as súa cargas familiares (agás o IVE, que todo o mundo paga o mesmo).

Unha traballadora de Zara cunha filla en idade escolar obrigatoria podería pagar, por exemplo, un 22% de impostos ao mes, máis o IVE do consumo diario. O señor Ortega pagará, no mellor dos casos, o 1% nas SICAB ou 0% se ten os cartos nun paraíso fiscal. Entende onde quero chegar?

"Os cartos para financiar un servizo público, por simplificar, os pagaría cada un cos impostos, en función dos seus ingresos e as súa cargas familiares"

Se o señor Amancio Ortega pagara impostos proporcionalmente como calquera das súas traballadoras conseguiríamos dúas cousas, por una banda, auténtica xustiza social e por outra, financiamento suficiente para ofertar un verdadeiro ensino gratuíto, público e de calidade, onde as familias terían a obriga de escolarizar os nenos e nenas e o Estado garantiría escolas ben dotadas de persoal, materiais e libros de texto. Comprende como sería o modelo?. O señor Amancio Ortega pagaría máis que as súas empregadas polo mesmo servizo, pero tería o mesmos dereitos que elas para aproveitalo .

O señor Ortega, e seguramente vostede tamén, prefire pagar os libros de texto que pagar os impostos que lle correspondería por xustiza. Sáelle moito máis barato, bote contas. Pero as familias das empregadas e empregados do señor Ortega coido que non opinan igual.

Por último, aclarar un par de cuestións. No 2008, último orzamento que elaborou o bipartito, consignou para o programa de gratuidade de libros de texto que cubría o cen por cen do alumnado, 14 millóns de euros, que segundo vostede era un disparate e había que eliminalo. Dito e feito, e no 2009 vostede coa súa ocorrencia gratuidade solidaria  acabou gastando 13,2 millóns de euros deixando fóra a máis de 30.000 alumnos e alumnas. Din que lle chaman a isto austeridade, pero eu chamaríalle outra cousa. Esta cantidade foi subindo no 2012 até os 15 millóns e no 2014 acada xa a cifra de 21,4 millóns de euros, e iso sempre  deixando a una parte importante do alumnado sen axuda, que este ano é de 86.000 escolares. Non esquezamos tampouco que as familias deben achegar máis cartos, que na maioría dos casos non teñen, porque as axudas non cobren a totalidade do gasto.

E estas son as contas reais, xa que se lle facemos caso ao Sr. Feijoo, que fala dunha cobertura do 70%, os millóns dispáranse. Para súa tranquilidade, non se chega a ese grao de cobertura, polo tanto quedamos en 21,4 millóns.

"O señor Ortega, e seguramente vostede tamén, prefire pagar os libros de texto que pagar os impostos que lle correspondería por xustiza. Sáelle moito máis barato, bote contas". 

Coa súa idea conseguiu una presa de cousas difíciles:

Primeiro: gastar un 40% máis. Ú-lo aforro prometido de 22 millóns de euros que iría destinado a mellorar os comedores e o transporte?

Segundo: non cubrir a totalidade do alumnado.

Terceiro: non cubrir os gastos totais para a compra dos libros.

Cuarto: afogar aos libreiros pola demora da Xunta en pagar, que en moitos casos deben esperar a xaneiro.
Entende? Quere que repita algo? Pregunte sen medo se lle queda algunha dúbida.

Mentres vostede se adica a encher as librarías familiares de libros de texto para consultar as dúbidas que nos asaltan mentres vemos a educativa televisión, ou favorecer a psicomotricidade fina para subliñar dereito as liñas dun libro en propiedade, as familias, os colexios e algún concello adícanse a promover bancos de libros ou a reunir todos os cheques de axuda e mercar o que se precisa. Sorprendentemente xa hai centros que conseguiron a gratuidade total con estes sistemas. Que enxeñosos verdade?

Sr. Vázquez ignoro o familiarizado que está co coñecemento do sistema nervioso pero saiba vostede que para ser conselleiro é necesario ter mesencéfalo, diencéfalo e telencéfalo e ademais conectados entre eles.

Comentarios