Opinión

Deriva soberanista

Ler o xornal de vagar. Pasar a follas sen presas, sentir o ruído do papel ao caer. Este agosto ten sabor a café con cereais e cheiro a sol. Co tempo detido nunha mañá deste verán decateime de que non lembraba a primeira vez que lera na prensa que Cataluña emprendera unha deriva soberanista. Volvín sobre o artigo outra vez. Realmente o autor semellaba querer dicir, aposta soberanista, decisión soberanista ou asunción dunha liña política e social soberanista, se analizamos o énfase que facía en que era algo pensado e traballado cun fin a medio e longo prazo. 

Ler o xornal de vagar. Pasar a follas sen presas, sentir o ruído do papel ao caer. Este agosto ten sabor a café con cereais e cheiro a sol. Co tempo detido nunha mañá deste verán decateime de que non lembraba a primeira vez que lera na prensa que Cataluña emprendera unha deriva soberanista. Volvín sobre o artigo outra vez. Realmente o autor semellaba querer dicir, aposta soberanista, decisión soberanista ou asunción dunha liña política e social soberanista, se analizamos o énfase que facía en que era algo pensado e traballado cun fin a medio e longo prazo. 

“Por que tanto esforzo para acuñar a palabra “deriva” para unha proceso tan orientado e traballado?” 

“Por que tanto esforzo para acuñar a palabra “deriva” para unha proceso tan orientado e traballado?” Pensaba eu mestres sentía o cruxir dos cereais entre as moas. As preguntas simples son como os grandes problemas filosóficos, chegan de súpeto mentres almorzas e resultan demasiado “naif” neste mundo do espectáculo efémero. Mais tamén, pode que debido a súa simplicidade, fican con nós.

Andaba eu con esta pregunta compañeira, inesperada e un chisco teimosa, cando o reloxo voltaba a marcar as horas con visitas ao peche de T-Solar onde a compañeira Paz leva máis de dous meses vivindo, os incendios de O Rosal, o conflito de Arteixo Telecom ou a normativa da nova tarifa eléctrica...

Falaba sobre o desmantelamento das enerxías renovábeis en Galiza e voltaba a “deriva” a miña cabeza, sobre unha política forestal errada que considera esta terra unha inmensa extensión de pasta de papel e aí estaba outra vez a tal deostada “deriva”, que as empresas de telecomunicación liscaban para Madrid e de novo estaba eu derivando e xa cando un país excedente en produción enerxética ve como toma corpo lexislativo a posibilidade de ter un prezo da luz maior que o resto do estado o meu corpo decidiu entrar nun estado completo de deriva química no interior das células que produciu o que comunmente coñecemos como enfado con doses de indignación.

"Desde fai uns días cada vez que a miña retina impulsa cara o cerebro a expresión “deriva soberanista” non sei que estrano mecanismo leva a que se me debuxe na mente “Soberanía en marcha”. 

Así de derivada, dando paso xa aos cheiros dun setembro tórrido e a piques de esquecer o tempo do pensar de vagar, miraba aos que decidiron apostar por unha “deriva centralista” concentrarse en Soutomaior para voltar a dicir que Galiza non é un problema. Que forza teñen as palabras, que até pretenden facernos insignificantes. Nós, os galegos e galegas, outra vez a coidar da terra onde os de fóra descansan mentres comen navallas e polbo. Nós, os galegos e galegas, outra vez a emigrar. Todo tan simple e tan complexo ao mesmo tempo. 

Quen afirma que primeiro as cousas de comer e despois ser soberanos/as, agocha que a orde lóxica é o recurso humano para entender ou clasificar as cousas. Na realidade están xunguidas e non son separábeis. Cada vez imos camiño de non ter para comer porque a crise global ten carne distinta segundo os osos que a sosteñen. Os nosos osos están vendidos por dous pesos aos de fóra, do mesmo xeito que se venderá Novagalicia Banco e todo o aforro galego a intereses alleos. Mentres isto ocorre a dereita critica que saiamos a rúa baixo a bandeira da soberanía. Porque as palabras son poderosas, porque nos acompañan e nos fan sentir. Hoxe, para min, Soberanía é dignidade. Soberanía é xustiza. Todo palabras. Si. Palabras cosidas con esforzo, traballo, ilusións, esperanzas, desenganos, batallas e risas. 

Desde fai uns días cada vez que a miña retina impulsa cara o cerebro a expresión “deriva soberanista” non sei que estrano mecanismo leva a que se me debuxe na mente “Soberanía en marcha”. 

Palabras para camiñar. Vémonos en Compostela o 15 de setembro. 

Comentarios