Opinión

Corpos estraños (II)

1. Todo pensamento libre esquiva estereotipos.

2. Ser radical para non ofender a razón.

3. A dúbida transforma o militante en disidente.

4. Das bandeiras aos féretros só hai un himno de distancia.

5. Hai xente enferma de ideoloxía terminal.

6. Os panfletos convén lelos en pantuflas.

7. Contra discursos flamíxeros, o extintor da temperanza.

8. Patria ou Morte?  (Case mellor un baile na verbena).

9. España é un espello deformante;  Galicia, apenas cristais rotos.

10. Escopeta, crucifixo, banderillas: Breve historia de España.

"Galiza é un adhesivo; España, unha matrícula"

11. Os sacerdotes do Reino decidiron preservar aquela constitución dentro dun relicario para que os súbditos a adorasen como ósos de santo.

12. A carteira en Suíza, a bandeira en España, a ética no Limbo.

13. Galiza é un adhesivo; España, unha matrícula.

14. Galicia ten mofo, Etiopía ten fame.

15. Europa será algún día todo aquilo que aínda non soñaron os economistas de Bruxelas.

16. Se desexa vostede chegar algún día a conselleiro da Xunta de Galicia, debe aprender a colocar mal  todos os pronomes átonos.

17. Cultura vén sendo todo acto creativo que non aplaude un conselleiro.

18. Papá sempre vota Pepé.

19. Dadá  ten máis lóxica que Pepé.

20. Esperta do teu sono, nazón de Sandokán!

21. Freedom for Nabiza! 

Comentarios