Opinión

Un equipo galego, en galego. “Deportivo da Coruña”

O Deportivo volve a ser un equipo de primeira. A relevancia que ten estar en primeira non só está 
nas cores que levan os xogadores nas súas camisolas, a lingua na que se expresa e difunde o club é 
de igual importancia.

O Deportivo volve a ser un equipo de primeira. A relevancia que ten estar en primeira non só está 
nas cores que levan os xogadores nas súas camisolas, a lingua na que se expresa e difunde o club é 
de igual importancia.

"En Galiza, no estado español e na Unión Europea a única denominación oficial é A Coruña, independentemente da lingua empregada". 

O respecto pola lingua debe estar tamén presente no nome do club, polo cal pedimos con esta 
petición, que tanto a directiva do equipo como os propios siareiros e siareiras, aposten por mudar 
o nome actual e que oficialmente sexa: "Real Club Deportivo da Coruña". Respectado desta forma 
o nome da cidade, así como a Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística, que 
establece que a única forma oficial dos nomes dos lugares (topónimos) de Galiza, é a galega.

En Galiza, no estado español e na Unión Europea a única denominación oficial é A Coruña, 
independentemente da lingua empregada. 

O 21 de decembro de 1989 o Tribunal Constitucional ditaminou que a aprobación da alteración ou 
cambio de nome dos concellos é a típica competencia de execución en materia de réxime local 
que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos de Galiza e 
de Catalunya atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas. O 2 de novembro de 2004 o 
Concello da Coruña aprobou a cooficialidade da forma La Coruña amparándose na Lei de grandes 
cidades. No outono de 2005 o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou nulos estes acordos 
do concello sobre toponimia. Finalmente, o Concello da Coruña decidiu adoptar o topónimo A 
Coruña para tódalas xestións e como nome oficial da cidade, abandonando así os seus intentos de 
conservar o topónimo en castelán.

"Aproveitando que o Dépor muda de equipación e leva na camisola a bandeira galega, que o nome do seu escudo tamén sexa galego".

Sexamos deportivistas ou non, a defensa e promoción da nosa lingua debe estar presentes nos 
nosos equipos de fútbol, estean en primeira ou en categorías inferiores. Pois a influencia que ten 
este deporte, xunto a outros na nosa sociedade, é de gran calado para a visibilidade da nosa 
cultura a nivel internacional. Aproveitando que o Dépor muda de equipación e leva na camisola a 
bandeira galega, que o nome do seu escudo tamén sexa galego.

 

 

Comentarios