Opinión

Filgueira, vade retro! (1)

O cinco de xullo de 2014 a xente ollaba para a rúa Tabernas, 11, da Coruña para ver se do seu tellado saía nalgún momento un fume branco que indicase que o conclave de varios académicos e escasas académicas chegara a acordo sobre a figura a honrar para as Letras de 2015. Mais as horas pasaban e veña a saír fumaza que nin tan sequera era cincenta, senón moura ben moura.

O cinco de xullo de 2014 a xente ollaba para a rúa Tabernas, 11, da Coruña para ver se do seu tellado saía nalgún momento un fume branco que indicase que o conclave de varios académicos e escasas académicas chegara a acordo sobre a figura a honrar para as Letras de 2015. Mais as horas pasaban e veña a saír fumaza que nin tan sequera era cincenta, senón moura ben moura. O nome homenaxeado xa o filtraran desde a Xunta había media hora, xa invadía os teletipos… mais as emanacións non por iso deixaban de ser pretas.

"Ou sería que a homenaxe a Filgueira consistía en recordar as fogueiras públicas de libros que chegou a haber durante a ditadura que o ínclito non só apoiou, senón na cal se implicou decididamente?" 

Trataríase pois dunha performance para comezar o Ano José Filgueira Valverde, o alcalde franquista de Pontevedra que apadriñou a instalación das fedorentas, empobrecedoras e coloniais celulosas? Acho que non: as chemineas de Ence recórdoas botando un espeso e continuo bafo esbrancuxado, mais este fume érache escuro.

Ou sería que a homenaxe a Filgueira consistía en recordar as fogueiras públicas de libros que chegou a haber durante a ditadura que o ínclito non só apoiou, senón na cal se implicou decididamente? Sería pola contra o recordo de lumareas máis íntimas, porén igualmente dolorosas, como as desas xentes que desde o 36 se desfixeron ás présas das publicacións en galego que tiñan pola casa e que poderían conducilos á cadea ou á gabia? Non, non creo, el tivo máis sona de se apropiar de libros e bens doutros que de os queimar.

"Alonso Montero, oufano, gabeou até a mesa máis alta e dirixiuse á concorrencia. Non quería perder a oportunidade de botar unhas palabras no posíbel enterro –perdón, incineración– da Academia".

Mentres a xente de fóra de Tabernas, 11, se facía esas preguntas, os académicos (e, si, as contadas académicas) descubrían –algúns con admiración, outros con susto, os máis cunha suma de desconcerto e fascinio– que a fumaceira de onde proviña era do enorme incendio que eles mesmos provocaran. 

Alguén rosmou polo baixo “Si yo solo lo hacía para contentar a Alberto…” E aproveitando a confusión, o Alonso Montero, oufano, gabeou até a mesa máis alta e dirixiuse á concorrencia. Non quería perder a oportunidade de botar unhas palabras no posíbel enterro –perdón, incineración– da Academia. Pensou nalgúns dos tópicos da súa oratoria, mais entre a negrura mesta só lle veu á cabeza o final d’O porco de pé.

Comentarios