Opinión

“Veroño” branco e azul

O Deportivo pasou do verán ó outono en menos de noventa minutos. Tal e como foi hoxe o día, desde o punto de vista do calendario. Aínda que máis que outono habería que dicir… que o conxunto deportivista pasou ó inverno directamente.

O equipo de Garitano tivo dúas caras. Moi distintas. Opostas. Parecía que Garitano atopara, por fin, un catalizador, un director, un organizador, un home distinto para construír o xogo que necesitaba o Deportivo. Ese home parece ser Çolak. O turco fixo un traballo enorme nos primeiros 45 minutos. Pero non só iso. O colombiano Marlos encaixou no esquema branco e azul xogando polo costado esquerdo. Máis lonxe de Andone, evitando tropezar co romeno. Eso levou a Fayçal á suplencia. Dous sinxelos trocos que funcionaron. O equipo tivo velocidade, coherencia, chegada, desborde, don, oportunidade. Luisinho tamén é outra das pezas fundamentais desde equipo. Iso xa o sabiamos. O que non se aproveitou do tema era Víctor. O gol dos de Riazor foi unha xogada xenial. Ben combinada. Con Marlos, Luisinho e Borges. Marcou o tico en boca de gol. 

O técnico puxo no campo un xogador gordo, pasado, pesado, fóra de forma, que cabe na camiseta de Tristán ou Jorge Andrade do partido das vellas glorias do super Dépor

Que pasou no descanso para que o equipo se retirase ós cuarteis de inverno? O segundo tempo foi un desastre. O Leganés que non fixera nada de nada aproveitouse dun erro do costarricense que peiteou un balón cara atrás. Iso non se pode facer nunca. Un erro de principiante. O Leganés abriu un pozo de petróleo a partir de aí. Roubou un balón e puxo na cabeza de Luciano, que debutaba na Coruña en Primeira División, un gol imparable para Lux

Co gol o Dépor descompúxose totalmente. Garitano fixo trocos, pero non acertou. Foi un despropósito. De repente a consistencia perdeuse por completo. O Dépor converteuse nun xigantesco coador. No centro do campo tiña un burato máis grande que a capa do ozono.  Por riba, o técnico puxo no campo un xogador gordo, pasado, pesado, fóra de forma, que cabe na camiseta de Tristán ou Jorge Andrade do partido das vellas glorias do super Dépor. Un barco. Incapaz de darse a volta asi mesmo co balón pegado. Babel non estaba, nin está para xogar por agora.

Os goles encaixados son preocupantes porque o Leganés con moi pouco esnaquizou o mellor que tiña o equipo deportivista: a súa consistencia defensiva. A derrota é moi dolorosa porque sucede ante un rival da Liga do Dépor. Perdeu ante un cadro que apenas fixo nada. Deixouse tres puntos porque cando encaixou un gol en contra, o equipo caeu estrepitosamente en morte súpeta.

A derrota é moi dolorosa porque sucede ante un rival da Liga do Dépor. Perdeu ante un cadro que apenas fixo nada

Esta mesma semana escribín nesta columna de opinión que o proxecto está verde. Preciso un pouco máis. O proxecto está moi, moi verde. E agora empezan as etapas de montaña, onde as pistas se empinan, é onde conseguir una vitoria vai ser máis que cara.

O calendario di que imos cara o inverno e que en outono cae a folla. Menos mal que din que o outono pode vir quente. A ver se no "veroño" o Dépor atopa a calor que lle falta. 

Se o ano pasado falabamos de que o Dépor tiña “Lucasdependencia” e alguén o dubidaba, agora xa non hai dúbidas, non? O Dépor bota de menos un Lucas que traia goles a Riazor. 

Comentarios