venres 14/08/20

Tempo ó tempo

O Dépor non é o equipo revelación..., de momento.


O Dépor non é o equipo revelación..., de momento.
O Dépor non é o equipo de moda..., de momento.
O Dépor non é o equipo temido..., de momento.

Pero déanlle tempo e veremos.

Porque o equipo de Víctor Sánchez del Amo está solidificando un grupo sobre bases humildes. Todos o saben. Pero no traballo ben feito está o segredo deste grupo de xogadores.  

E de esguello mirada ó pasado. Porque a lección está ben aprendida. Os sustos dos últimos anos aprenderon que en fútbol confianzas poucas, ou ningunha. Que lle pregunten ó Eibar. Ese é o espello no que se proxecta o Dépor agora. Así pois fóra mensaxes eufóricoas. 

E atentos a Lucas Pérez, o líder, natural, que abandeira todas esas mensaxes sen gas. Coidadosamente rebaixadas. Prudentes. Humildes. E detrás, todos os demais xogadores. Todos seguen a bandeiriña do cholismo. Partido a partido. E despois xa se verá. Cando se verá? Cando o Dépor teña os 42 puntos no bolso. Logo… xa se falará. Daquela será o momento.

Este Dépor é moi serio. Gañouse o respecto de todos os rivais aos que se enfronta

Este Dépor é moi serio. Gañouse o respecto de todos os rivais aos que se enfronta, por agora. Porque non é casual que os herculinos consigan moi bos resultados ante grandes rivais, como o Sevilla esta fin de semana. Puido ser máis. Si. Pero quen non asina un empate co Sevilla, vixente campión de Europa na Liga Europa? Un Sevilla que gañou este ano ós máis grandes: Barcelona na Supercopa de Europa ou o Real Madrid ou o Atlético de Madrid en Liga, por exemplo. 

Para esta primeira parte do campionato, o método foille moi ben a Víctor, e ao Dépor. Os resultados avalan que o traballo realizado merece aplauso.  Recoñecemento. Confianza.

Pero tamén obriga. O listón está colocado. Este equipo é moi capaz. Tan importante como o realizado ata esta altura é saber manter o nivel, aínda que agora veñan curvas perigosas. Moitas. Primeiro o Barça. Antes de acabar a primeira volta o Vilarreal e o Real Madrid no Bernabéu. Eibar e Getafe tamén esperan este mes de decembro para facer o primeiro balance completo da metade do campionato.

Pero, de momento, suma e segue.    

comentarios