Opinión

Unha pifia moi cara


O partido puido conxelarse coa pifia de Manu e que lle costou o Dépor un gol moi pesado, pero non. Houbo moito máis que unha desastrosa decisión do porteiro.

Un Lucas Pérez outra vez incomensurable. O dianteiro toleou a defensa madrileña. Gambeteou, caracoleou, deu pases de tacón, e puxo a proba a Juan Carlos. Anotou outro gol máis. Catorce. Desde hai 46 anos un galego non marcaba tantos goles en Primeira División nunha temporada. Case nada. Lucas ilusiona, é distinto. Medra cada partido. O equipo de Víctor depende del. Moito.

Desde hai 46 anos un galego non marcaba tantos goles en Primeira División nunha temporada

Luis Alberto seguiu o rastro de Lucas e tamén estivo cerca do gol. Faltoulle sorte, pero non intelixencia como se viu na espectacular asistencia do gol do seu compañeiro na punta do ataque. 

Tamén foi un bo día para Fayçal. Marcou un extraordinario gol logo de conectar unha tremenda pegada que enviou a bóla con efecto á mesma escadra. Lucas, depois de lograr por segunda vez o empate, tivo nas suas botas o 3-2 que nunca chegou. O porteiro raista fixo dúas paradas moi meritorias. Juan Carlos salvou ós seus compañeiros dunha derrota que chamaba a súa porta. 

Ademáis de ocasións, unha delas de Luis Alberto que repeleu o pao, houbo, outra vez, polémica arbitral

Ademáis de ocasións, unha delas de Luis Alberto que repeleu o pao, houbo, outra vez, polémica arbitral. Un penalti a Lucas por agarrón na área. No segundo gol do Raio o pase de Miku a Jozabed foi en fóra de xogo.

Así pois, a pifia de Manu saíulle cara ó Dépor. Unha pifia pola que o gardaredes asturiano pediu perdón, consciente de que o erro complicaba o partido, por segunda vez.

Con todo, o empate ten o seu punto positivo ó chegar xa os 30 puntos. Cada vez quédalle menos para alcanzar o obxectivo da permanencia. Xixón espera con ansia. O 2016 non coñece aínda a vitoria herculina. As vitorias volverán. Máis pronto que tarde.   
 

Comentarios