Opinión

Oltra na sombra

16 partidos, 13 puntos. Hai dúas temporadas por estas datas de nadal, o Dépor tiña 12 puntos en 17 partidos. Vamos que se reproducen os números da época de Oltra con Lendoiro na presidencia do club. E xa sabemos cara onde foi ese proxecto: á Segunda División. 

16 partidos, 13 puntos. Hai dúas temporadas por estas datas de nadal, o Dépor tiña 12 puntos en 17 partidos. Vamos que se reproducen os números da época de Oltra con Lendoiro na presidencia do club. E xa sabemos cara onde foi ese proxecto: á Segunda División. 

Este ano o equipo coruñés ten 5 millóns de euros menos para poder actuar en materia de fichaxes porque o anterior presidente, xa os empleara niso que ó final rematou nunha avultada débeda de 160 millóns de euros. Foi para tapar buratos. Lembro que aínda hai outros 5 millóns de euros da temporada que vén que tamén xa se gastaron na época presidencial anterior. Non é cousa menor. Hai que lembralo para ser razoables na crítica de hoxe.

"Non acaba de entender que este Dépor que manexa nin é nin pode ser o Celta glorioso que manexou nos noventa. Porque os herculinos non teñen esa calidade de antaño dos olívicos".

Os adestradores envalentonados, eses que din que lles gusta o fútbol de ataque sen saber defender, ou sen ter preocupación por como defender acaban sendo un problema para os equipos de Primeira División. Deixémonos de adestradores modernos ou antigos. Ó final o fútbol é orde e talento e deso xa falaban Helenio Herrera nos 50 e Arsenio Iglesias nos 90. Dúas xeracións de adestradores completamente diferentes, pero tanxentes no esencial do fútbol. 

Pois a Víctor Fernández pásalle algo parecido. Non acaba de entender que este Dépor que manexa nin é nin pode ser o Celta glorioso que manexou nos noventa. Porque os herculinos non teñen esa calidade de antaño dos olívicos. E se non tes calidade os riscos han ser sempre mínimos. Pero ademáis de minimizar os riscos hai que ter intención de pisar área algunha que outra vez e tirar, repito, tirar a porta. E diso pecan os coruñeses. O Dépor sigue sin saber que facer con claridade. Ou se o sabe, que tamén pode ser, non sabe facelo. E iso xa sería un segundo gravísimo problema. Un gravísmo problema que conduciría ao equipo á Segunda División.

Acaba de pasar a xornada 16. Quedan tres para que acabe a primeira volta e nese momento veremos en que posto está o Deportivo. Para que? Para partir de cero, ou de menos cero. Se parte de cero é porque aínda está por riba da liña de separación do descenso. Se está no grupo dos tres últimos entón na segunda volta terá que facer un superesforzo para acabar por encima da liña vermella. Pero…, está preparado este equipo anímica e físicamente para facer tal cousa? Será con Víctor Fernández?

O que desconcerta é que hai algunha pequena fase do partido no que o Dépor semella que controla o encontro, que incluso o está a facer ben. En Vilarreal, perdendo 1-0, pareceuno. Estivo a piques de apurar o 1-1. Pero bastou un pequeno desequilibrio e os branco e azuis afundíronse estrepitosamente. 

"Chegan os reis o vindeiro 6 de xaneiro. Na carta hai que pedir un defensa, un dianteiro e un adestrador novo".

Do visto onte en Castellón, só destacar a moi boa actuación de Fabricio, como sempre. Ó mellor de longo, deste cadro de xogadores é o porteiro. A seguir, a moi boa aclimatación en defensa de Sidnei. É bo, pero con Sidnei só en bo estado non chega. Ten que haber outro como el o seu carón, polo menos, para dar firmeza a defensa. Co sistema de catro defensas e con Juanfran pola dereita o equipo é como un queixo de gruyere, porque o rapaz en defensa vai moi lento. Por que deixou o mister o sistema de cinco se o equipo era un pouco máis sólido? A inclusión de Fariña no once titular é un problema para conformar ó equipo? Por que? Non atopa unha fórmula para xogar con Fariña cun sistema de 5 en defensa?

Ha ser outra vez un nadal quente. Moi quente. Porque hai moitas incógnitas riba da mesa. Dezaseis xornadas despois non sabemos a que xoga o Deportivo. Con algunha melloría, si, pero sen saber cando, como e por que.

Chegan os reis o vindeiro 6 de xaneiro. Na carta hai que pedir un defensa, un dianteiro e un adestrador novo. E a rezar, porque os números de Oltra están na sombra. É vital atopar a fórmula para que o equipo dentro de seis meses sexa como sexa acabe do décimo sétimo posto para arriba. 
Bo nadal a todos e feliz aninovo. 

Comentarios