Opinión

Noite Boa

Incrible é ver a este Dépor tan forte.

Incrible é ver a este Dépor tan forte. Incrible comprobar como este equipo gaña creto partido a partido. Incrible pensar que se a forza o acompaña é posible soñar cunha nova primavera branco e azul. Sen quitar o ollo á débeda, que esa pesa de moito nabo.

O encontro ante o Eibar era un termómetro perfecto para pulsar o ánimo do Dépor. Para certificar que o do equipo deportivista non é flor dun día, que non está subido a unha nube que pode vaporizarse nun abrir e pechar de ollos. O equipo vasco é un cadro moi serio fóra da casa e amosou por que en Riazor. Keko foi un auténtico pesadelo pola banda dereita visitante.

Houbo algo de fortuna porque o Eibar quedou condicionada por dúas lesións e un penalti discutible. Todo na primeira metade. Outras ocasións quitaron ou non acertaron, pero en contra. Con todo, o equipo que máis construiu foi o deportivista. E o que resolveu. Porque na segunda metade, pese a que o Eibar presentou combate, só o Dépor tivo mellor puntería e acerto. 

Pero a noite foi boa, sobre todo, porque hai un valor emerxente que confirma día a día o seu nivel de gran futbolista, capaz de igualar a un mítico da historia deportivista como Bebeto

Pero a noite foi boa, sobre todo, porque hai un valor emerxente que confirma día a día o seu nivel de gran futbolista, capaz de igualar a un mítico da historia deportivista como Bebeto. E fíxoo un coruñés. Lucas Pérez marcou por sétimo partido consecutivo como só o facía o brasileiro que máis namorou ós seareiros herculinos. Xa leva 12 en todo o campionato, asinando goles de todo tipo. 

Este estado de forma tan espectacular, logrado cun equipo totalmente modesto e moitos xogadores da canteira, abre paso en Europa deixando distancia a teóricos favoritos para os postos europeos e mirando máis cara arriba que cara abaixo.

Queda por ver se na segunda parte do campionato continuarán picando pedra ata os 42 puntos, pero o que está claro é que hai moitos anos que non se comía turrón do brando nas casas deportivistas. Só había do duro e moi indexesto. Estas son datas moi doces. Non era sen hora.

Comentarios