Opinión

Dépor: o muro dos laios

Esta semana o Dépor laiou un punto de Balaídos e cinco días máis tarde volveu laiarse doutro punto, en Riazor contra o Almería.

Esta semana o Dépor laiouse un punto de Balaídos e cinco días máis tarde volveu laiarse doutro punto, en Riazor contra o Almería. Entre laio e laio quedaron sen sumar seis puntos e no horizonte asoman outros seis puntos, que á vista das circunstancias semellan misión imposíbel, aínda que como reza o tópico “os partidos hai que xogalos”.

Así pois, e falando de rezar, o Dépor vai ter que levantar o seu propio muro dos laios porque ou moito me equivoco ou nas próximas semanas van continuar eses laios. Así que vai vir ben erguer un particular muro dos laios por algún recuncho de Riazor. E xa saben, dentro do muro hai que deixar mensaxes escritas con desexos ou peticións. Aquí van algunhas das posibles mensaxes que poderían depositarse na muralla dos laios.

  • Que Lux volva a retomar a firmeza que tiña en Segunda baixo a portería
  • Que a defensa non sexa tan branda e saiba pecharse ante os ataque dos rivais
  • Que o Dépor perda o medo de tirar a porta
  • Que todos os xogadores se esforcen e axuden os compañeiros
  • Que se eviten todos os erros de concentración que lle poden custar un gol ós herculinos
  • Que as lesións non sexan un novo talón de Aquiles
  • Que o adestrador mova máis a calidade que deixa no banco técnico
  • Que Wilk atope a alguén con confianza que o poña sobre o terreo de xogo
  • Que Postiga estea menos en fóra de xogo e culmine con ben algunha das accións que se lle presentan
  • Que Álex Bergantiños e Laure non desfalezan porque son os únicos que se deixan a pel no campo.
  • Que Medunjanin axude máis en defensa para que Álex Bergantiños non o teña que facer todo.
  • Que os balóns non peten no pao, e de petar nalgo que sexa no fondo da rede.

Son algunhas das peticións que se lle poderían facer agora ó equipo. Seguro que vostede engadiría algunha máis.

O que puido ser un empate foi unha derrota e a conseguinte perda dun punto que quen sabe se será moi necesario ó final da temporada

Pois si, porque hai que laiar o gol da vitoria do Almería. Cando chegou faltaba un minuto para o final do encontro. En realidade, foi un gol lamentable. Si, porque veu nunha contra que montou o equipo andaluz a gran velocidade sen que atopase un central-estorbo durante a carreira desenfreada dos andaluces. Todas as liñas de replegue estaban fóra de sitio e por riba desde unha distancia considerable Edgar apañou os tres puntos deixando roto ós branco e azuis.

Lamentablemente o que puido ser un empate foi unha derrota e a conseguinte perda dun punto que quen sabe se será moi necesario ó final da temporada. O amargor é maior porque o gol do Almería levou ó traste un traballo que na primera metade deixara un bo gusto. Pero como dixen esta semana, este non é equipo para o tikitaka.

A referencia é a de Eibar. A única vitoria conseguida este ano.

Agora, agárrense que veñen curvas (Sevilla e Valencia) e vaian preperando a papeleta para botala ó muro dos laios. Seguro que a súa petición non caerá en saco roto e quizáis mude o rumbo… 

Comentarios