Opinión

Moito que rodar, outra vez

Cando Ryan Babel decidiu facer as maletas a todo correr para ir detrás dos millóns de dólares dos turcos, estaba claro que o Dépor ía sufrir un baixón enorme. A iso hai que engadirlle a lesión de Carles Gil, que xa tardara en entrar nos plans de Garitano, el saberá por que, pero o caso é que só tivo un mes bon ás súas ordes, curiosamente con Babel xogando pola outra banda.

O técnico vasco xa sabe o que é perder un futbolista fundamental en pleno mercado de inverno na súa estrutura. No Eibar pasoulle con Albentosa. Cando o central fixo as maletas para Inglaterra -tamén marchara tras as libras inglesas como tolo- Garitano foi costa abaixo e sen freos. Sobreviviu gracias á extraordinaria primeira volta e o descenso administrativo do Elxe, senón o Eibar daquela temporada estaría descendido.

O Dépor sufrir un novo baixón. Importante. Notouse na Copa co Alavés, e despois na Liga. Especialmente na Palmas e tamén en Eibar. A estatística maltrata a Garitano, sobre todo, cando se lle pón a lupa fóra da casa. Esta é unha meteria pendente do técnico enorme. Está claro que ten que facer algo para dirixir mellor, ou polo menos xestionar mellor, as saídas dos seus equipos.  

Pero vaiamos o partido. 

A primeira metade foi unha tolemia. Unha desorde total. O Dépor descolocado. Non fixo nada, o técnico tampouco, para corrixir inmediatamente as constantes entradas do Eibar. Desbordou as bandas, especialmente pola de Fernando Navarro, creando ocasións de perigo. E goles, claro. Pero tamén a este problema houbo que sumar o pésimo momento no que se atopa un pedazo de central como Sidnei. Cada erro que comete o brasileiro é un gol en contra. Cada fallo de concentración do zagueiro pesa un mundo no marcador. Os erros individuais de Arribas, Sidnei e Albentosa (lembremos o penalti de Málaga), que custo teñen sobre este Dépor?

Os erros individuais de Arribas, Sidnei e Albentosa (lembremos o penalti de Málaga), que custo teñen sobre este Dépor?

Hai semanas que en Radio Marca, e nesta columna, opino que o Dépor precisa un central máis. Pero ollo, non un central calquera para tapar un burato. Non. Un central que saiba sacar o balón xogado e que, por suposto, aporte seguridade defensiva.

Antes do remate da primeira metade e en gran parte do segundo tempo, o equipo branco e azul mellorou. Logrou controlar o partido. Parou o Eibar e atopou fórmulas para construír xogadas de ataque. Unha vez máis, Andone volveu ser o deportivista en mellor estado de gracia. Co 2-1 no marcado, houbo un penalti escandaloso que, outra vez, quedou sen pitar. Andone, á marxe da pena máxima non pitada, tivo dúas xogadas clarísimas para marcar e lograr o empate.

Kakuta xa tivo os seus primeiros minutos como herculino. Centrou nun par de ocasións con perigo enorme, pero os seus socios ou chegaron tarde ou non estaban para rematar. Joselu leva varias semanas sen olfato, outro gran problema para o equipo. 

Penso que o resultado non foi xusto. O Dépor tivo mala sorte. Pero é certo que os primeiros minutos do Eibar, e tamén os últimos de partido dos vascos, fixeron saltar de novo as alarmas sobre a imaxe do equipo. Esas alarmas soan para indicar que o Dépor rescatou todos os malos vicios ou defectos da primeira volta. O equipo non pode saír de novo a un partido sen enterarse de nada. Sufrindo. 

Aló vai xaneiro. Comeza un novo mes cun partido estupendo para engancharse a unha bandeira. No vestiario seguro que se han acordar ben de como lles foi co anterior técnico.

E mentres sigan fallando os equipos que están abaixo de todo - Spórting, Osasuna e Granada -, o Dépor sobrevive, o único importante (nesta vida). 

Nota: 

Leo no perfil de twitter de Pedro Martín, que "o Deportivo só remontou un partido a domicilio nas súas oito últimas ligas de Primeira. O Deportivo só gañou 10 dos seus 100 últimos partidos de Primeira como visitante, con 40 empates e 50 derrotas. Ningunha vitoria de Garitano nos seus 29 últimos partidos como entrenador visitante (11 empates e 18 derrotas)".

Comentarios