Opinión

Lucas, novo virrei de Riazor

Por fin, o Deportivo puxo en práctica en Riazor, con resultados, o que tan ben soubo mostrar no arranque da Liga fóra da casa

Por fin, o Deportivo puxo en práctica en Riazor, con resultados, o que tan ben soubo mostrar no arranque da Liga fóra da casa. Tardaba esa primeira vitoria. Tardaba. E incluso impacientaba. 

E foi ante un Espanyol que cando viaxa á Coruña, normalmente, naufraxia. e foi fiel a ese guión. Moi distinto do plantexamento do Sporting hai oito días, o Dépor non sufriu nada ante os cataláns. Independentemente do resultado, os de Víctor tiveron o dominio de todas as parcelas. A defensa non pasou apuros. O Dépor tivo o balón, soubo que facer con el, cómo movelo e crear perigo. 

Unha vez máis, constatouse que a eficacia é moi superior. Tira o xusto e necesario á porta, pero son, verdaderamente, ocasións de gol. Lucas gañou a pulso a confianza dada polo técnico, que viu moi claro desde o principio que tiña que ser o dianteiro de referencia do equipo. Foi a súa aposta. E está a funcionar. Esa aposta elevou posiblemente demasiado cedo un novo ídolo aos altares branco e azuis. A atronadora ovación de Riazor cando foi substituído é moi reveladora. Había anos que Riazor non berraba así o nome dun dos seus, ó unísono. Porque Lucas este ano está de dez no posto de nove. Móvese con gran rapidez, muda de posición, sempre para apoiar, busca a xogada para combinar, non ten présa e non vai despacio. Ten forza e unha perna de luxo. Cando encanona sabe cara onde disparar e na maioría das veces con acerto. Este ano non xoga con ansiedade. Víctor construíu un novo líder. Leva catro goles, a un do pichichi, dos grandes, de Benzema, de Cristiano, de Nolito. Cos mesmos goles que Iago Aspas. Lucas marcou xa este ano máis da metade dos seis goles que conseguiu a temporada pasada, o que o converte no pichichi do equipo. Antes e agora. Se mantén estes números, a fichaxe do dianteiro coruñés será moi rendible e está xa, case amortizada. Isto conta, aboné, no acerto máis claro da dirección deportiva. Non é o único. Xa verán.

Lucas gañou a pulso a confianza dada polo técnico, que viu moi claro desde o principio que tiña que ser o dianteiro de referencia do equipo

Que importante é xogar sen ansiedade! O equipo está máis vivo, xoga con ledicia, as botas non apretan. E iso que o Dépor é o segundo equipo da Liga, segundo pola cola, co tope salarial máis baixo. Non todo é chequeira. Os herculinos agardan desde postos europeos a vindeira xornada contra o Granada. Quen o ía dicir!

Pero ollo, aínda que o Granada é o faroliño vermello non hai que fiarse. Con independencia do que mostre a clasificación, partidos como o da próxima semana son os que poden salvar un equipo de librarse da zona de perigo. 

Comentarios