Opinión

Sen leme, sen rumbo

O Dépor xa non ten ningunha consistencia. Se é que a tivo algunha vez esta temporada. Porque o visto ata agora puido ser só un espellismo. A goleada en Vigo abre incógnitas moi preocupantes cando xa pasou un cuarto de Liga, tempo suficiente para comenzar a sacar conclusións, sobre todo antes de que chegue o Nadal. 

O equipo de Garitano presenta números ingobernables. Inconsistentes. Insoportables. Insolentes. A estatística lévanos a esa inquedante pregunta: no Dépor non hai máis cera que a que arde? 

Se buscamos unha resposta esa inquedante cuestión podemos mirar en dobre dirección. Cara ao equipo: sabemos a que xoga? E cara á dirección técnica: non había no mercado dianteiros con máis garantías? Pode defender a secretaría técnica as fichaxes desta temporada, incluída a do técnico? Mentres Garitano siga á fronte hai que pensar que o equipo non é tan solvente. Ademais, o ano pasado quedou claro que o Dépor tiña Lucasdependencia. Se algo se sabía ó final da temporada era que Lucas Pérez marcharía este verán. Foise a última hora, certo, pero foise, como era previsible. En todo ese tempo, a sabendas, u-lo dianteiro ou dianteiros para supriren a ausencia? Cales foron as alternativas?  

A lesión e baixa de Joselu, que non é precisamente Messi que saibamos, polo menos ata que non se demostre o contrario, non pode ser un problema tal que o equipo se derrumbe como un castelo de naipes. Parece que é importante, sen dúbida, pero sabémolo só polos vinte minutos que xogou no segundo partido de Liga tras a marcha de Lucas. Agora que non está, parece claro que Lucas vale máis de vinte millóns de euros. Se o Dépor non é quen de conservar a categoría, esta afirmación será unha evidencia rotunda.  

Agora que non está, parece claro que Lucas vale máis de vinte millóns de euros. Se o Dépor non é quen de conservar a categoría, esta afirmación será unha evidencia rotunda

Andone leva nove partidos sen ver portería. Nin un só gol en 720 minutos. Pero tampouco hai ninguén que o axude a asistirlle con xeito unha xogada para converter. O Dépor é o peor equipo de Primeira en homes de zona de ataque. Ningún dos xogadores que figuran en nómina como dianteiros marcaron un gol no que vai de Liga. Só Alavés e Leganés, que si marcaron un gol entre todos os homes de ataque, son, peores, pisándolles os talóns por detrás dos herculinos.

Abofé que detrás desa decisión hai algo máis. Twitter delata que así é. Unha discusión entre técnico e futbolista?

O equipo de Garitano está en crise. Non hai por onde collelo. En Balaídos deixou fóra da convocatoria a Çolak. Decisión técnica, dixo o adestrador. Pero se é o mellor do equipo! O turco deixou claro na súa conta de twitter que non estaba lesionado, que estaba ben. Abofé que detrás desa decisión hai algo máis. Twitter delata que así é. Unha discusión entre técnico e futbolista? A decisión en todo caso, inexplicable, aínda que se trate de escudar baixo o manto protector dunha decisión técnica. Hai cousas que non teñen explicación, sin sentido. Este equipo non mellorou en case nada desde que comezou a temporada. Os xogadores que o ano pasado rendían este ano non son a sombra do que eran, empeoran o seu nivel: Navarro -un perigo cada vez que pisa a área-, Mosquera, Fayçal, Lux, son algúns exemplos. Causa gran impresión ver a Mosquera esta temporada tan baixo. Quen leva o leme dese equipo? Quen dirixe? Quen é o lider? Quen pega unha voz? A quen lle teñen que facer caso? 

Garitano insiste con futbolistas que non merecen a titularidade. O caso máis claro é o de Bruno Gama. Babel, que chegou sen estar en forma ó Deportivo, obtivo a gracia da titularidade en Balaídos. Cos noventa minutos Babel perdeu a explosividade que ten: non soubo axudar, sen saber que facer, perdido sobre o verde. A Andone condénao a efectividade: cero goles, nove partidos, ninguna asistencia.

A defensa é, era, a mellor baza do equipo. Pero esa característica borrouse nas últimas semanas. En nove partidos, 14 goles en contra

O Dépor non pode basear todo o seu xogo en defender. A defensa é, era, a mellor baza do equipo. Pero esa característica borrouse nas últimas semanas. En nove partidos, 14 goles en contra. O esquema ultradefensivo non lle vai a este conxunto porque ademais sofre con cada erro que comete. Os erros páganse enormemente porque non se ve potencial para superalos. Só seis goles a favor. As cifras delatan que o Dépor está descompensado, desequilibrado. O que se ve no campo, tamén o di. Non só é cuestión de números. 

A derrota en Balaídos é dura, esaxerada, probablemente, pero un espello da situación que se percibe. O equipo precisa reaccionar. Xa! A estatística da temporada é de descenso ó final do curso.  

A todo isto, vai sendo a hora de Álex Bergantiños, non?      

Comentarios