Opinión

Un gol “gordísimo”

Unha vitoria en Primeira División non é un paso adiante. É un gran salto. Iso é o que conseguiu en tempo extra o Deportivo. Pero non nos equivoquemos. Os grandes saltos só duran en alta competición dúas ou tres semanas, a xulgar polos últimos tempos.

A vitoria non debe tapar o gran debate que hai sobre o cuestionable inicio de temporada do Dépor. A cuestión é de fondo, de estilo. Non de resultadismo. Porque se nos fixamos só nos resultados se podería dicir que a campaña é xeitosa. 

Garitano ten que ver que o seu equipo só resiste físicamente ben 45 minutos dun partido. Hai xogadores que desaparecen na segunda metade

Garitano ten que ver que o seu equipo só resiste físicamente ben 45 minutos dun partido. Hai xogadores que desaparecen na segunda metade, porque semellan fundidos: un deses futbolistas é Bruno Gama. Outro, Marlos Moreno. Andone é o dianteiro centro do equipo. Xa que logo, non se lle pode pedir que ademáis sexa extremo dereito, sobre todo, porque cando se lle pide ir por aí Andone asiste coiros á nada. Non hai receptor que os poida rematar. A falta de gol do equipo é moi evidente. Ante a escaseza goleadora chama a atención o desastroso aproveitamento das xogadas a balón parado. Un erro, só un, chega abondo para castigar ó equipo cun sufrimento  excesivo para unha escadra que anda moi frouxa de folgos.

O traballo de Garitano pasa fundamentalmente por formar un equipo de gran fortaleza defensiva. Está moi ben ter unha boa extratexia para defender a porta. Pero ademais de construir un equipo inexpugnable, o fútbol esixe, por necesidade, espectáculo e supervivencia, ter tamén equilibrio e fórmulas para tomar a portería rival. 

Chama a atención a nula efectividade de Andone, un dianteiro que, hai que recoñecer, non para de traballar durante todo partido e intervir en todo o que pode con moito sentido futbolístico. Resulta sorprendente máis aínda que o partido ante o Spórting o resolva un  futbolista que está fóra de forma, gordo, como é o caso de Babel. O romanés necesita máis axuda para rematar con maior eficacia.

Chama a atención a nula efectividade de Andone, un dianteiro que, hai que recoñecer, non para de traballar durante todo partido

Pola forma da execución e a forma de moverse de Babel, o dianteiro vai ser unha excelente achega para o equipo. Está claro que necesita un mes, ou dous, para poñer o seu peso nas condicións esixibles a un profesional de elite. Parece mentira que chegase así ó Dépor un futbolista que se supón que está en activo e que buscaba equipo para vivir desde negocio. Malia os quilos de máis e as lorzas, o golazo que marcou foi un dos mellores que nos deixou esta xornada de Liga. Antes de marcar e, polos pocos minutos que disputou antes, si apunta cousas moi interesantes: fai movementos interesantes como ariete, ten bon disparo e iniciativa. 

O mes de outubro vai ser difícil de manexar por todo o analizado nesta columna de opinión. Barcelona, Celta e o Valencia, os dous primeiros partidos fóra da casa. Por iso o gol de Babel no último suspiro de partido fai máis grande este triunfo. Babel marcou un gol que engorda a despensa moi necesitada de víveres. 

Comentarios