Opinión

Feituras de ascenso

Ilusión. Moita ilusión. A segunda volta por fin serviu para recuperar o pulso dunha competición que se estaba revirando, posiblemente, por esgotamento.

Ilusión. Moita ilusión. A segunda volta por fin serviu para recuperar o pulso dunha competición que se estaba revirando, posiblemente, por esgotamento. O equipo xa non daba para máis, e deu moito, moito, na primeira volta. Chegou o cambio no palco e tamén no campo, e como se nota.   

Os reforzos eran máis que necesarios. Un cadro de xogadores mal pechado no verán por falta de tempo, pola cantidade de problemas administrativos e burocráticos, polo control da Liga, pola negativa da administración concursal, facían presaxiar que este equipo en segunda volta podería ser carne de canón. Milagroso foi que o Dépor manexase o primeiro curso da Liga con esa firmeza que o caracterizou, con esa capacidade para autoxestionar o pouco e bo que había. E, sen dúbida, deles é todo o mérito.

Rabello ten un descaro impresionante para un rapaz da súa idade

Cada un dos novos reforzos veñen a apuntalar un equipo feito agora si para ascender á Primeira División. Se os anteriores xogadores e Vázquez conseguiron liderar a Segunda xestionando todo o seu bo talento e astucia, agora que hai talento e semella que tamén astucia, amais de calidade, moita calidade, o cadro do de Castrofeito ten a obriga de preservar o feito e incrementar o legado.

Liderado e calidade

Se Culio abandeirou a primeira volta está claro que Salomão será o abandeirado da segunda. O portugués ademais asume o liderado e demostra que ten calidade de sobra para esta categoría.  Nos dous partidos que xogou deulle un cambio de ritmo ao equipo, determinante. Dúas condicións, liderado e calidade, que resultan esenciais para crer e convencer ao resto do grupo que este equipo ten que ter a obriga de ascender.  

As outras fichaxes que puideron debutar tamén foron interesantes. Rabello ten un descaro impresionante para un rapaz da súa idade. Está convencido do que fai. E se consegue manterse coa regularidade que ofreceu ante o Sabadell será unha peza moi importante. De Toché pódese dicir aquelo de “veni, vidi, vinci”. Aportou o gol nada máis saír e deulle algo de tranquilidade polo que puidese pasar, como pasou. E de Sissoko, aínda que mete medo o gordo que está, sorprendeu que saia con moita explosividade cando arranca en carreira, pero claro, xogou moi pouco tempo para poder valoralo con máis acerto.

Así pois, todo son sensacións positivas. Nas tres primeiras xornadas o Dépor sumara 6 puntos e marcara 4 goles por 1 en contra. Nos partidos de volta cos mesmos equipos repite case todo: sumou 6 puntos e marcou 4 goles, pero encaixou 3.

Este Dépor marcha e gusta moito.

Comentarios