Opinión

Faltou cerebro en Ipurúa

Evitar o regreso a Ipurúa. Esa era unha das teimas do SúperDepor.

Evitar o regreso a Ipurúa. Esa era unha das teimas do SúperDepor. Campos de Segunda División como o do Éibar, o Mollerussa, A Nova Creu Alta, o Palamós… campos malditos, terreos de xogo que lembran tempos pretéritos. 23 anos despois, o Dépor volveu reencontrarse co pasado. E non lle sentou ben o regreso. A medicina habitual que aplica o equipo de Vázquez é inmune a este tipo de desprazamentos.

Actuar como un macarra sobre o campo [por Culio] só dificulta o reto do ascenso

Peza clave deste desencontro foi a mala cabeza de Culio que saíu cabreado co mundo e lanzou un cóbado que non o mandou á ducha ao arxentino pola discreta miopía do colexiado. Pero aínda que Culio seguiu xogando, o catalizador do equipo tivo que borrarse de moitas accións. Xogou condicionado o resto do encontro e condicionou tamén ao equipo branco e azul. Por riba, cando Vázquez considerou mudalo a catro minutos para o final enviou unha mensaxe ao banco de desaprobación. Lamentable! Hai que volver a lembrar que o equipo é escaso para a empresa que lle pide e que calquera perda de efectivos é crucial. Hai que apelar á calma e vir desacelerado da cama e da casa. Actuar como un macarra sobre o campo só dificulta o reto do ascenso. Para a próximo hanlle coller a matrícula.

E por ir tan condicionado, xogando con dez, aínda que había once no campo, complica o traballo de todos que xa de por sí en Ipurúa foi moi escaso. O Éibar foi máis intelixente e sacoulle tres puntos ó líder ben merecidos. Arruabarrena fixo doblete firmando un primeiro gol espectacular.

O bo para o Dépor e que os equipos que o perseguen tiveron un mal fin de semana. O equipo coruñés perdeu a oportunidade de abrir un pequeno oco para comer o turrón con máis tranquilidade. Aínda pode chegar ao risco do último encontro da primeira volta como líder, pero ha sufrir para alcanzar o obxectivo, como sempre.

Cara ao Nadal o Dépor espera seguir mantendo a bandeira como mellor equipo de Segunda, pero ollo porque chega outro clásico de Segunda a Riazor, o Numancia.

Comentarios