Opinión

O equipo do pobo

Agora si. Isto xa é outra cousa. Este é o Dépor que o pobo quere ver. Porque o pobo de Riazor de fútbol tamén sabe algo. Garitano estivo xeneroso co público cando máis apretado estaba e ofreceu o que os siarieros, maioritariamente, querer ver. O resultado foi positivo. Non falo do empate a un co Valencia, senón do resultado proposto sobre a fermosa alfombra do estadio coruñés, que onte se vestiu de estrea. Por suposto, o empate é bo. 

Garitano puxo o once de gala do Dépor para recibir ó Valencia, considerando a Joselu fóra do equipo por estar lesionado. Só fixo un troco sensible. Dar a titularidade a Tyton. Hai que recoñecer que Lux non estivo acertado nas últimas semanas e Garitano quere dar mostras ó seu grupo de que non se casa con ninguén e poñerá ós mellores en cada momento. 

O equipo entendeu o plan, aceptou as regras tras unha semana complicada e longa, e cando máis na picota estaba o técnico, os xogadores, incluido Çolak, castigado en Vigo por indisciplinado e faltón, entregáronse á causa. Iso si que o entende Riazor. No sacrificio ós xogadores atoparán unha bancada aliada. E Riazor, que antes do arranque do encontro recibiu con timidez ós seus e con alguns tibios apupos a Garitano, pronto se meteu en faena. O Dépor que xogou de ti a ti ó Valencia non tivo nada que ver co de Balaídos, orixe dunha semana treboante e xustificada na Coruña.

O Dépor que xogou de ti a ti ó Valencia non tivo nada que ver co de Balaídos, orixe dunha semana treboante e xustificada na Coruña

Çolak convertiuse en líder, outra vez, en Riazor. Polo visto onte no campo, o turco ten un carácter difícil, indomable. Raza. Con Çolak o Dépor gaña puntos porque é o home más imaxinativo, rápido, talentoso, e case sempre acertado, que ten o Dépor. Só tivo un erro. Un erro que deu orixe ó gol do empate. Hai frivolidades que sobran, sobre todo cerca da área propia. O resto do encontro estivo sobresaínte. 

As queixas matutinas lo luns sobre as arbitraxes do presidente non calaron, porque González González errou en dous posibles penaltis a favor do Dépor na primeira metade e estivo lento e permisivo coas tarxetas, quizáis porque o Valencia logrou mimetizarse co laranxa do colexiado. Aínda que lle perdoou a vida ós herculinos case ó final do partido deixando sen ver unha clarísima man na área de Fernando Navarro, que tamén era penalti. Vexo ó colexiado nunha óptica a non moito tardar. 

O Dépor xogou unha primeira metade moi vistosa. Con ritmo. Levando a iniciativa. Sen medo. Hai que lembrar que a fronte tiña ó Valencia, que aínda que só sexa polas figuras que viste, é un equipo de quintais. Con Çolak, Marlos e Andone o equipo coruñés gañou poder atacante. Construíu perigo. Tivo sentido ofensivo. Cheirou o gol e achegouse á meta rival. En trinta minutos o equipo de Garitano deixou de ser un equipo tímido para ser un equipo con carraxe, con alternativa e capacidade. Marlos, Bruno Gama, Andone e Çolak -por segunda vez- estiveron próximos a marcar, nalgún caso non foi por centímetros. Aos catro condénaos a precipitación e a elección final. Cando modifiquen os seus impulsos con máis acerto a pegada final será radicalmente distinta. O punto crítico dos primeiros dez partidos de Liga foi a finalización, o remate da xogada.

A visita a Granada é a primeira cita trascendente da temporada. As tres próximas serán co bandullo baleiro, á unha do mediodía

O Valencia cometeu numerosos erros. Con outra capacidade resolutiva os brancos e azuis terían máis gol. Ese é o seu principal punto negro. Non ter un home que mate, que resolva, que estea enchufado ó gol. Andone segue sen estrearse, e van dez partidos. Un pesadelo para un dianteiro que a temporada pasada foi pichichi, en Segunda División. En Primeira a fama custa.

Ollo á vindeira xornada. A visita a Granada é a primeira cita trascendente da temporada. As tres próximas serán co bandullo baleiro, á unha do mediodía. Veremos como responde ó equipo a ese cambio. En Granada non vale ter unha picada, salvo accidente arbitral. Do que pase nos Cármenes, o equipo e Garitano sacarán réditos para a temporada ou volverán ao descrédito.  

Comentarios