Opinión

Dépor: sumas e restas 

Se non fose porque sabemos que este Dépor está feito para salvarse


Se non fose porque sabemos que este Dépor está feito para salvarse, e ese é o único compromiso real que ten que ter o equipo para esta temporada, podería caber un maior nivel de crítica. Pero…, qué dicir dun equipo que por agora cumpre? E se ademais cumpre sempre ofrecendo un bo nivel de imaxe, onde colocar o listón da esixencia?

O empate en Granada é bo? Resposta á galega. Depende. De partida, si. Bo. Moi bo. Pero, depende. Por que? Porque, probablemente, o Granada vai ser un deses equipos cos que hai que librar a partida do descenso. Igual non. Pero hai que telo todo en conta. Ter asegurado o valor da diferenza de goles sempre é un punto máis que non hai que descoidar. E depende tamén porque o sabor do partido era de vitoria, e ó final foi agre e doce. Estraogouse o dous na quiniela porque falla a concentración, porque na defensa aínda hai pequenos desaxustes que custan puntos. O despexe de Mosquera, co pé morto, deixando o balón cara á zona de perigo dentro da área, é un principio defensivo que se manexa desde as primeiras categorías.

O sabor do partido era de vitoria, e ó final foi agre e doce

É bo, por outra banda, porque o Dépor fixo unha gran primeira metade. Porque segue a sumar puntos nas visitas a outros campos, porque confirma que este inicio de campionato está ben traballado, porque se ve que o seu potencial ofensivo ten pólvora, decisión, acerto, rendibilidade e porque o Dépor xa ten 12 puntos, o que pode considerarse todo un mérito para esta altura da Liga.

Fayçal, Luis Alberto e Lucas Pérez son indiscutibles. Os tres forman un trío moi regular e perigoso. Teñen unha combinación de talento, boa forma física e fame, moita fame. Son o eixo sobre o que pivotará a permanencia con seguridade. Outra cousa son os seus posibles acompañantes. Están moi verdes Jonathan Rodríguez, Oriol Riera e Jonás Gutiérrez. O parón de Liga pode virlle ben a estes xogadores que precisan tempo para madurar. 

Quedan 31 puntos para celebrar un ano más en Primeira.

Comentarios