Opinión

Dépor ou “erguemortos”

A derrota en Riazor co Granada transmite preocupación. Agora si. Porque non hai excusas das que tirar. 10 partidos ser gañar, é dicir, 10 partidos perdendo ou empatando, sen os obxectivos sen cumprir, nalgunhas situacións poden provocar outro tipo de reaccións. Os equipos son o que son os seus resultados, e, os do Deportivo da segunda quenda da Liga son de descenso á Segunda División de seguir así. 

Repasemos. De 7 partidos disputados, cinco empates e dúas derrotas. Ninguna vitoria. A última vitoria é do ano pasado, co Eibar, en Riazor, hai dez xornadas. Pero o más dramático para o equipo de Víctor Sánchez del Amo é que nos mesmos partidos cos disputados na segunda volta, e que lle valeron, en boa parte, o recoñecemento como mellor adestrador de Primeira División ata o inverno conseguiu doce puntos fronte ós 5 que suma agora. 

O Dépor das dez últimas xornadas é menos rendible. O Dépor está facendo “un Eibar”, é dicir, entrar nunha dinámica consecutiva moi perigosa. Algo ten que mudar para que o equipo non se precipite. Pero o problema non é de rendibilidade. É de identidade. O equipo perdeu a súa figura. As características do cadro branco e azul esfumáronse.

O Dépor está facendo “un Eibar”, é dicir, entrar nunha dinámica consecutiva moi perigosa. Algo ten que mudar para que o equipo non se precipite

A recuperación de Celso Borges foi para Víctor máis un problema que unha solución. E a lesión de Sidnei unha gran complicación. A intermitencia de Lucas, un contratempo. Todo xunto, e algunha outra cuestión interna, mudaron as percepcións dun traballo que ata hai unhas semanas semellaba ser un soño.

Sacar a Álex Bergantiños para dar entrada a Celso Borges é un problema. Solución. Premio para todos. Trivote. Un trivote que non xoga como tal. Ou non sirve como tal. Con ese centro do campo o Dépor tiña que ser un contralume de garantías. Toda contraofensiva debería chocar contra o fortificado centro do campo. Pero Borges non atopa o seu sitio, mira cara todos os lados, buscando onde colocarse. A Álex pásalle algo parecido. Escorado á dereita, perde todo o seu potencial e convértese nun xogador desaproveitado. E o peor, Pedro Mosquera non está tan respaldado. Na defensa o problema é diferente. Ante a lesión de Sidnei precísase un home desas características. A lóxica di que ese home é Lopo. Pero ante o Espanyol quedou na Coruña. E ante o Granada, só vestiu o chándal. Unha solución que arranxaría de inmediato os dous problemas podería ser Álex Bergantiños como central. Nesa posición demostrou ser un fantástico xogador e aliviaría o atasco dos centrocampistas.

Curioso foi ver o equipo colgando balóns a área como se Oriol estivese no campo para rematar. Estar estaba, pero sentado. Cando saíu, sacrificando a Álex Bergantiños, o bombeo de esféricos parou e o troco volveuse absurdo.

A intrahistoria do Dépor di que en situacións difíciles e ante rivais desafiuzados, os herculinos son exemplares erguemortos

Quedan 12 partidos. O Dépor ten moito que cambiar. O obxectivo da salvación está moi preto. Nada cambiou. Pero os resultados non chegan e cada vez o cinto do descenso vai apertar máis. Por agora non afoga, pero coidado coa relaxación porque o aire empeza a faltar, 

O Granada, o colista e segundo equipo máis goleado de Primeira, era un equipo co que poñer terra de por medio. Pero a intrahistoria do Dépor di que en situacións difíciles e ante rivais desafiuzados, os herculinos son exemplares erguemortos. E ollo, o Granada non é un morto calquera. Experto en salvarse in extremis. De momento, saíu de Riazor vivo e co “golaverage” ó seu favor en caso de empatar a puntos cos deportivistas ó remate da Liga. O mesmo que lle pasa ao Spórting cos coruñeses. 

Tamén vai pasar o mesmo co Levante, o Xetafe ou As Palmas?

Xa lles digo que non. Antes hai guillotina. 

Comentarios