Opinión

Dépor: un baño de humildade

Chegou a primeira decepción. Non será a última, seguro. A derrota contra o Sporting só devolve ó equipo á realidade.

Chegou a primeira decepción. Non será a última, seguro. A derrota contra o Sporting só devolve ó equipo á realidade. Non hai EuroDepor, pero tampoco hai un pechacancelas branco e azul. Será un campionato duro, onde ninguén agasalla nada.

En Riazor, o Sporting partiu o Dépor en dous. Coa súa intensidade, a súa garra, a súa valentía, o seu descaro, sobre todo nos primeiros 30 minutos de partido, os asturianos desarmaron a planificación de Víctor Sánchez del Amo. O esforzo dos de Pitu foi un gran premio, pode que excesivo porque logo o Dépor deu a cara. Di o refraneiro español que “quen dá primeiro dá dúas veces”. E esa foi a sorte que acompañou o cadro branco e vermello. 

"Non hai EuroDepor, pero tampoco hai un pechacancelas branco e azul"

O Dépor pagou caro saír excesivamente confiado. Moi caro. Porque se algo sabíamos do Sporting é que é un equipo moi correoso. Intenso. Abafante. Así empezaron o campionato e así plantexaron o arranque do partido. O Dépor, sorprendido, cobrou dous goles en contra do mesmo xeito. Con centros de Lora para que cabecease o paraguaio Sanabria. En dez minutos, a sobriedade defensiva deportivista quedou ó desnudo.

Pero non todo foi malo no Dépor. En ataque, o equipo é máis incisivo. Fabrica máis ocasións de gol e non é tímido no remate á porta. O partido mereceu ben o empate porque ocasións non faltaron para conseguirlo. Por exemplo, o gran disparo de Lucas que se foi ó pao. Luis Alberto ben o puido acadar en outras dúas claras tiradas.

O Dépor non é tan fero como algún o quere pintar, pero tampouco é o coadeiro que se viu sobre o céspede de Riazor. O encontro ten que servir para unha cura de humildade, poñer os pés sobre a terra, en canto os afeccionados se refire, e, para xogadores e técnico, debe servir para aprender a correxir os moitos erros defensivos descubertos neste partido.   

Comentarios