Opinión

Ata logo… Lucas

Pois si. Había moita ilusión posta nel. Comezando polos directivos de Dépor, que cruzaban os dedos para que co seu debut se adiviñase un novo símbolo.

Pois si. Había moita ilusión posta nel. Comezando polos directivos de Dépor, que cruzaban os dedos para que co seu debut se adiviñase un novo símbolo. E Víctor edificou o cambio sobre unha pedra cargada de simboloxía. Unha ilusión construída arredor dunha laxe con denominación de orixe coruñesa, pero sen o selo deportivista. Rescatado agora dunha pedreira allea sobresae un valor que simboliza un novo produto de canteira galega, que tivo que buscar o certificado de futbolista alén da Coruña. En Madrid, Ucraína e Grecia xogou ó fútbol cos ollos postos na Coruña.

Respira deportivismo. Medrou vendo o SuperDépor, imaxinándose algún día xogando sobre o céspede de Riazor. Pero os seus soños non conectaron coa mirada dun observador que indicase que había un rapaz do barrio das Flores que labraba madeira de bo futbolista.

Mentres Lucas traballaba en silencio, recuperándose dunha lesión que arrastraba desde o verán, Víctor Fernández farto de que lle pitasen os oídos atendeu as peticións que lle chegaban de  cambio. O ambiente soaba a ultimato. Só quedaba renovarse ou morrer. Fernández, que non era alleo ós comentarios, sabíao. A conta atrás estaba iniciada. E elixiu renovar para sobrevivir. Anunciou que menearía a árbore. E montou unha revolución total. 

Mudou os homes. Pero non mudou de pensamento. O plan de Víctor segue máis centrado no ataque que na defensa 

Os críticos pasaron ó banco dos suplentes. Os veteranos pasaron ó palco. Renovou todas as liñas. Comezando pola portería. Recuperou a Insua para o eixe da zaga. Desempolvou a Wilk e deulle a titularidade. Creeu en Lucas como motor de explosión para montar a revolución e apostou todo ou nada por Fariña e Cavaleiro. Por recuperar, recuperou a Juan Carlos para tirar dun dos seus trocos tras desprezar o canteirán durante o verán, a quen quixo convencer de que buscara outro equipo lonxe da Coruña. Mudou os homes. Pero non mudou de pensamento. O plan de Víctor segue máis centrado no ataque que na defensa. 

Arriscou e bingo! Semella que non había risco sen control. Víctor Fernández contou co convencemento dun grupo de xogadores que creron que había que facer algo. Que non se podía seguir dando a imaxe da impotencia en cada partido. E atoparon unha fórmula para mudar a imaxe errática do equipo.  

Cambio de mentalidade

Minutos antes de saltar o céspede de Riazor, uns metros antes de subir os pasos que dan acceso ó terreo de xogo, Juanfran, un a un, colleu coas súas mans a faciana de cada un dos seus compañeiros de once inicial e mentres lles sacudía a cabeza repetía: “Confianza. Confianza. Que se note eh! Confianza. A jugar serios”.

Ata logo, Lucas… Unha expresión que indica que chegou un cambio convencido e necesario.

Aínda é cedo para sabelo. Pero ante o Valencia os branco e azuis plantexan un troco de mentalidade. Sacuden o sistema vello por un novo. Buscan un novo modelo. Veremos se non é un espellismo e o cambio chegou para quedarse. Coa vitoria, Víctor Fernández e este novo grupo reordenado, conseguiron un novo creto. Máis tempo. E credibilidade.

Comentarios